HomeCultura12.000 euros para asociacións culturais do Concello de Monforte

12.000 euros para asociacións culturais do Concello de Monforte

Na Xunta de Goberno do Concello de Monforte, celebrada o pasado luns, 30 de decembro, o Equipo de Goberno aprobou a concesión de subvencións a Asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións para actividades realizadas no exercicio 2019.

Publicado o

- Advertisement -

Esta liña de axudas ten por obxecto apoiar ás iniciativas, actuacións e programas que contribúen á dinamización da vida cultural de Monforte, actividades que complementan os programas dos servizos culturais municipais, dentro do seu marco de competencias e dirixidos á comunidade en xeral.

A contía destinada a estas subvencións para actividades realizadas no ano 2019 ascendeu a 12.000 euros, sendo 1.000 euros a contía máxima de cada subvención.

Beneficiarios e requisitos

As entidades que podían solicitar estas subvencións debían ser asociacións legalmente constituídas que desenvolvesen actividades de interese xeral para o municipio de Monforte, tanto de carácter cultural coma veciñal, popular, profesional, lúdico ou recreativo. Nesta liña de axudas municipais, quedaron excluídas as asociacións e entidades deportivas, así como aquelas que realizan actividades de carácter social.

As asociacións e entidades tiveron ata o 13 de decembro para xustificar as súas actividades e traballos. Tras finalizar este período, e superados os pertinentes informes técnicos, a Xunta de Goberno do Concello aprobou a concesión das seguintes subvencións:

NUM. ASOCIACIÓNS INSCRITAS NO REXISTRO SUBVENCIÓN
1 A. C. OS XOGRARES DE LEMOS 622,63 €
2 SOCIEDAD LA FRATERNAL 905,64 €
3 A. C. AMIGOS DA PANDEIRETA 849,04 €
4 SOCIEDAD CIRCULO VICTORIA 905,64 €
5 A. CULTURAL Y DEPORTIVA SAN MARTÍN DE PIÑEIRA 679,23 €
6 A. VV. STA. BARBARA DE DISTRIZ 275,37 €
7 A. VV. DE RIBASALTAS 679,23 €
8 ASOCIACION PLATAFORMA DEFENSA SANIDADE PUBLICA 392,26 €
9 ASOCIACION VECIÑOS BARRIO DE COBAS 77,28 €
10 ASOCIACIÓN CULTURAL LEMAVOS 566,03 €
11 ANPA COLEXIO PP. ESCOLAPIOS DE MONFORTE 679,23 €
12 CASINO ATENEO DE MONFORTE DE LEMOS 105,39 €
13 A. VV. DE PIÑEIRA 515,08 €
14 ASOCIACION CULTURAL TEATREIRAS 67,67 €
15 ASOC DE PALILLEIRAS DA RIBEIRA SACRA 427,92 €
16 SOCIEDADE GASTRONOMICA E CULTURAL O TIZON 509,42 €
17 ASOCIACION CULTURAL, DEPORTIVA E VECIÑAL DAS FONTES 494,99 €
18 ASOCIACION CULTURAL,EDUCATIVA E SOCIAL AULABERTA 373,67 €
19 A. VV. A XUNTANZA DE STA MARIÑA DO MONTE 610,18 €
20 ASOCIACION CAMIÑOS A SANTIAGO POLA RIBEIRA SACRA 792,44 €
21 A. VV. DO BARRIO DA FLORIDA “EDUARDO PONDAL” 735,83 €
22 ANPA COLEXIO A GÁNDARA 735,83 €

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...