HomeCulturaA biblioteca pública de Sober volve recibir o premio María Moliner

A biblioteca pública de Sober volve recibir o premio María Moliner

A Biblioteca Pública Municipal de Sober volve recibir este ano o Premio María Moliner da campaña de animación á lectura que outorga o Ministerio de Cultura. Na provincia de Lugo só conseguiron a axuda a Biblioteca de Sober e a de Xermade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este concurso ten por obxectivo premiar a aquelas bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes que leven a cabo un proxecto único que inclúa accións de animación á lectura, á eficiencia e á labor bibliotecaria, á integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías.

Así mesmo, valórase especialmente aquelas actividades realizadas en municipios de menos de 25.000 habitantes, apoiando así as zonas  menos poboadas.

Valorase ademais a eficiencia na administración dos recursos da biblioteca, así como o esforzo realizado pola biblioteca en función dos seus recursos dispoñibles, a claridade e interese do proxecto para a animación da lectura e o seu valor como modelo de boas prácticas no labor bibliotecario, a planificación e viabilidade do mesmo, así como a colaboración con outras entidades (centros educativos, os diferentes axentes culturais dos municipios, etc).

Como beneficiaria a Biblioteca Pública Municipal de Sober recibirá unha subvención en metálico de 2.000 euros para a compra de libros e/ou publicacións periódicas.

A achega deberá destinarse á compra de libros e/ou publicacións periódicas para a biblioteca, e a selección bibliográfica debe realizala o persoal da devandita biblioteca en función das súas necesidades e co obxectivo de completar os seus fondos en beneficio de todos os veciños e veciñas do municipio.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...