HomeCulturaBóveda celebra o Nadal con visita dos Reis Magos o día 5

Bóveda celebra o Nadal con visita dos Reis Magos o día 5

O Concello de Bóveda pide “moito sentidiño e responsabilidade” durante estas festas de Nadal. Así, organizouse unha axenda que antepón o cumprimento das medidas de prevención fronte á covid-19 establecidas polas autoridades sanitarias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sábado 26 de decembro ás 18:00 horas haberá teatro familiar a cargo de Rubén Pérez Pombo, que porá en escena ‘A viaxe do señor López’. A actuación conta coa colaboración da Deputación de Lugo no marco do programa ‘Miúdos Seráns’.

Os días 28, 29 e 30 de decembro celebrarase o ‘Nadal Activo’ con actividades infantís e obradoiros para nenos e nenas a partir dos seis anos. Haberá quenda de mañá e de tarde e será preciso reservar praza. A quenda de mañá será de 10:30 a 13:30 horas e a de tarde de 16:00 a 18:30 horas. A programación inclúe un obradoiro sobre a reciclaxe, malabares e xogos infantís, entre outros.

Visita dos Reis

O día 5 de xaneiro de 18:00 a 19:00 horas os Reis Magos visitarán a Casa Consistorial. Para poder participar na visita Real será preciso inscribirse previamente a través do teléfono 982 42 61 77 ou do enderezo electrónico cultura@concellodeboveda.com

Ao igual que outros anos haberá agasallos para todos os nenos e nenas que participen e tamén poderán deixar a súa carta na caixa de correos instalada na Casa do Concello.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...