HomeCulturaNova publicación de ‘Estudio Gnomo’ de Pantón

Nova publicación de ‘Estudio Gnomo’ de Pantón

Iria Iglesias e Dani Viéitez, creativos da ilustración e o deseño, veñen de sacar ao mercado o libro ‘Grandes receitas’.

Publicado o

- Advertisement -

Estamos nunhas datas moi axeitadas para os agasallos nas que moitas novidades editoriais queren atopar o seu lugar nos estantes das nosas librarías. Este é o caso, por exemplo, do libro “Grandes receitas”, que pertence a colección “O raposo Rufo” que edita Edicións Embora. Unha obra de ‘Estudio Gnomo’, proxecto do que falamos xa en Xornal de Lemos tempo atrás.

Iria Iglesias e Dani Viéitez. Foto: Estudio Gnomo

O libro vén a continuar o de “Receitas cativas” tamén pertencente a colección e que no seu día tivo moi boa acollida. Comeza falando da importancia dunha alimentación saudable e equilibrada para amosarlles aos cativos e ás cativas que non por elo ten que deixar de ser divertida e deliciosa.

O obxectivo é achegar aos nenos á cociña para que gocen dela cociñando e comendo. Nesta misión divulgativa buscaron receitas evitando o abuso de azucre, produtos refinados ou graxas, dándolle importancia aos produtos naturais como froitas e verduras.

O libro está pensado dun xeito práctico, cun encadernado en espiral para telo aberto diante namentres se cociña e concibido para gozalo en familia.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...