HomeCulturaExposición "O Fin do Camiño" en Monforte

Exposición “O Fin do Camiño” en Monforte

A Casa da Cultura Lois Pereiro acolle esta mostra que en 2019 percorreu todos os concellos do Camiño Francés en Galicia. Na edición 2020-2021 seguirá percorrendo os concellos dos Camiños Primitivo, Norte, de Inverno e Vía Kunig, ao seu paso pola provincia de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

Na inauguración, que tivo lugar o pasado 5 de xaneiro, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, estivo acompañada por Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria, asociación que organiza a mostra. A mostra conta coa colaboración do Concello de Monforte, co patrocinio da Xunta co programa “O teu Xacobeo” e coa participación da Asociación de Municipios del Camino de Santiago e Acogida Cristiana del Camino, da Catedral de Santiago, e da plataforma en internet GaliciaDigital, que desenvolveu a web do proxecto, cos contidos da exposición.

As fotografías son de dous importantes fotógrafos galegos -Eduardo Ochoa e Carlos Puga- que reflicten especiais visións dos Camiños a Compostela, arredándose das visións turísticas e centrándose nos aspectos humanos e monumentais, dos que se destacan os detalles máis sobranceiros.

Os textos, redactados en galego, castelán e inglés, abordan o tema de “O Fin do Camiño” como expresión dos sentimentos que moven ao peregrino a emprender este Camiño milenario, tendo capítulos especiais para o motor da fe, os máis de mil anos dos camiños ou o percorrido cara a unha terra de brumas e de luz.

Cada panel conta con brevísimas glosas do Camiño de Urbano Lugrís, Dante ou Frei Luis de León; Filgueira ou Pensado; Tirso, Machado, Fraguas, Pondal, Cunqueiro, Torrente, Cervantes, Celso Emilio ou  Manuel Rodríguez López.

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno e o ceo Starlight de Chantada danse cita o 9 de outubro na xornada Ceo no Camiño

A iniciativa que forma parte da actividade astroturística do Concello de Chantada está financiada...

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas...

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...