HomeCultura"Ceos galegos" na biblioteca do Saviñao

“Ceos galegos” na biblioteca do Saviñao

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao presenta a mostra de calendarios de «Ceos galegos», un proxecto de divulgación e comunicación social dirixido por X. Dosi Veiga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposicón de calendarios poderá visitarse do 10 ó 31 de maio no baixo da Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, de luns a venres en horario de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30, coas mesmas restricións de acceso que o resto das instalacións: máscara, distancia de seguridade e uso de xel hidroalcohólico dispoñible á entrada.

A mostrs é un proxecto de ciencia, no sentido amplo da palabra, pois inclúe astronomía, xeoloxía, bioloxía… pero tamén historia, arqueoloxía, literatura. De fotografía, ao artellarse ao redor dunha imaxe fermosa do ceo, ou didáctica, ou curiosa. E de cultura, porque o coñecemento científico tamén é cultura. Coñecer a nosa contorna permítenos comprender mellor quen somos e de onde procedemos, proxectándonos cara o futuro. Pero tamén permítenos valorar mellor os ceos doutros lugares.


ÚLTIMAS

Comeza o pase de primavera do ‘Vendaval’, mostra de cinema portugués na Ribeira Sacra

O Vendaval desta edición de primavera 2026, estenderá o seu programa dende o 23 ao...

Castro Caldelas acolle a VIII Spain Backyard Ultra

Esta fin de semana, o tempo deterase en Castro de Caldelas para enxalzar o...

Graduación do alumnado de 2º de BAC do IES A Pinguela

A exalumna de Humanidades Sandra Piñeiro Pedreira, premio extraordinario de Licenciatura en Historia e...

Este 22 de maio preséntase na casa da cultura de Quiroga o libro “A aira dos ventos”

“A Aira dos Ventos” vén sendo unha peza teatral de 70 pp. Editada por...