HomeCultura"Mozart á galega" na igrexa de Hospital do Incio

“Mozart á galega” na igrexa de Hospital do Incio

O Concello do Incio programa un concerto de Atlantic Mozart Flute Quartets na Igrexa de San Pedro Fiz en Hospital do Incio para o vindeiro sábado día 5 de xuño ás 20:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actuación baixo o título ‘Mozart á galega’ consistirá nun recital da integral dos cuartetos para frauta e trío de cordas de W.A. Mozart  con temas tradicionais galegos. 

Este recital será previo a gravación na mesma igrexa dun disco que será publicado por Edicións Xerais de Galicia dentro dun libro escrito por Fina Casalderrey sobre unha evocadora visita de Mozart a Galicia, “O xenio da cidade de sal”.

O concerto, que terá unha hora de duración, será de entrada libre ata completar o aforo, que se axustará á normativa sanitaria en vigor nese momento.

A Integral dos Cuartetos para Frauta e trío de cordas está formada por:

Luis Soto: Frauta Travesa.

David García: Violín

Ioana Ciobotaru: Viola

Millán Abeledo: Violoncello

O recital será interpretado cunha frauta de madeira de finais do século XIX.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...