HomeCulturaEste 20 de agosto preséntase no Courel o libro "Un ano no...

Este 20 de agosto preséntase no Courel o libro “Un ano no Carballal”

Este venres, 20 de agosto, ás 7 da tarde presentarase na Fundación Uxío Novoneyra da Parada do Courel o libro “Un ano no Carballal”, de Sonia García.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O volume, editado pola Editorial Canela coa colaboración do Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, recolle a evolución da vida tradicional aos novos tempos recollendo testemuñas da comarca lucense do Courel, en concreto da aldea do Carballal. Este traballo de investigación achega datos históricos, así como do patrimonio, o medio natural, a etnografía, a toponimia, o uso local da lingua ou a música.

A autora presenta este libro como unha ferramenta moi válida para os estudosos e investigadores do medio, da antropoloxía e da fala, así como unha peza de grande valor sentimental para a veciñanza da zona.

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, o secretario da Fundación, Uxío Novo, e o editor, Pablo Quintana, acompañarán á autora Sonia García na presentación do libro.

ÚLTIMAS

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...