HomeCulturaConcerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre o día 24 no...

Concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre o día 24 no Multiusos de Monforte

A entrada é gratuita ata completar a capacidade do edificio seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación. A entrega de invitacións realizarase dende ás 18:00 h e a entrada o salón de actos comezará ás 19:30 h

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte de Lemos xunto co AGADIC da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e dentro do 9º ciclo Cultura no Camiño-Xacobeo 21-22, programa o concerto “As catedrais silenciadas” de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre no Edificio Multiusos o vindeiro venres, 24 de setembro, ás 20:00 h e cun aforo reducido debido á Covid-19.

“As Catedrais Silenciadas” é o terceiro álbum do músico Xabier Díaz xunto coas Adufeiras de Salitre, quizais a obra que mellor reflicte a esencia do seu encontro e probablemente a que explora os límites deste formato con máis profundidade.

O título é un berro de alerta ante o progresivo despoboamento do rural e a perda identitaria que isto implica: a desaparición da cultura que temos e que fundamenta a nosa diferenza no mundo.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...