HomeCulturaSober presenta o 6 de novembro o documental "Nosoutras-relatos femininos"

Sober presenta o 6 de novembro o documental “Nosoutras-relatos femininos”

Trátase da segunda parte dun proxecto de igualdade que nace co obxectivo de homenaxear ás mulleres do mundo rural e facer visibles as condutas machistas que xerminan neste contexto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober presentatá o vindeiro 6 de novembro o documental ‘Nosoutras – Relatos Femininos’, a través desta iniciativa seis testemuñas femininas narran, con auténtica humildade e sinceridade, a súa biografía e como o feito de ser muller ten influído ao longo das súas vidas.

O proxecto ‘Nosoutras’ está recollido en dous formatos. O primeiro deles o papel, a través dunha publicación na que coñecemos os relatos de Pili, Noelia, Otilia, Samanta e Sara, o que permitiu, mediante o sentido do tacto e da vista, achegarnos ás súas historias de vida. Os relatos presentáronse nun acto público e tamén se difundiron a través das redes sociais do Concello de Sober, onde tiveron grande éxito.

Agora o proxecto dá un paso máis e achégase ao mundo audiovisual para traspasar cada un dos nosos sentidos. O 6 de novembro proxectarase o documental ‘Nosoutras – Relatos Femininos’ no salón de actos do Concello de Sober. A presentación estará acompañada da arte musical de Sara Méndez Arias e Ana Fernández Gayoso.

O aforo estará limitado, sendo necesario reservar para poder acudir. Para elo, as persoas interesadas en asistir poden chamar ao 982 46 05 13, de luns a venres e de 08:00 a 14:00. O prazo finaliza o 28 de outubro. Esta actividade está financiada pola Secretaría de Estado de Igualdade en desenvolvemento do Pacto de Estado contra Violencia de Xénero e a súa planificación e elaboración executouse dende os Servizos Sociais do Concello de Sober coa colaboración da empresa Némesis Audiovisual.

ÚLTIMAS

“Rumiando”, un libro de Josebe Blanco para reflexionar sobre o xeito de estar no mundo para intentar melloralo

Josebe Blanco Álvarez cóntanos que naceu en Salceda de Caselas e ao pouco tempo...

‘Aula Ricardo Rodicio’ na Escola Municipal de Música da Pobra do Brollón

Unha das aulas da Escola municipal de Música da Pobra do Brollón leva dende...

Teatro, cine e citas tradicionais no Outono Cultural de Pantón

O Concello de Pantón a través da Concellaría de Cultura programa unha ampla e...

Formación en Chantada na técnica tradicional de cestería, Bouyricou

Durante a súa visita, Alén destacou a importancia destas accións para a transmisión do...