HomeCulturaCarballedo homenaxea o 26 de xuño ao filántropo galeguista, Francisco Domínguez Mosquera

Carballedo homenaxea o 26 de xuño ao filántropo galeguista, Francisco Domínguez Mosquera

O próximo 26 de xuño, a asociación cultural O Garabullo organiza en Carballedo un acto de homenaxe ao filántropo galeguista, Francisco Domínguez Mosquera.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Hita Gómez, presidenta da Asociación Cultural O Garabullo destaca do homenaxeado, “o seu compromiso político e social coa Galiza e de xeito excepcional con Carballedo onde naceu o 2 de maio de 1889, dedicándose a financiar e a traballar  persoalmente  en proxectos que buscaban o progreso nesta zona. Entre estes eu destacaría, a construción da escola de San Paio (Barrela) en xaneiro de 1934, financiando ademais a vivenda e o salario do mestre. Para celebrar a inauguración da  nova escola, organizou o 10 de xuño de 1934 unha festa amenizada polos gaiteiros e polas palabras de Otero Pedrayo, Vicente Risco, Suárez Picallo e Alexandre Bóveda sobre as necesidades educativas do pobo galego.”

Domínguez tamén levou a electrificación á Barrela e San Paio, subministrando a estas dúas localidades auga potable, recursos médicos e veterinarios. Pavimentou o camiño que conectaba estas dúas poboacións coa estrada de Chantada e na súa condición de presidente da sociedade cubana Chantada, Carballedo e as súa comarcas impulsou a da escola de Vilaquinte e de Merlán en Chantada. Apoiou o estudo da cultura e a lingua galega como socio protector do  Seminario de Estudos Galegos, militou activamente no Partido Galeguista, chegando a ser proposto como compromisario para a elección de presidente da República e particiou tamén na fundación do Sindicato Agrario de Carballedo.

O 26 de xuño as 11 da mañá no colexio público da Barrela celebrarase un acto ao que asistirán Moncho Ermida, Uxío Breogán Diéguez e o propio neto de Francisco Domínguez, Frank Domínguez. Contarase coa actuación da agrupación musical “Os Parentes”. Na aldea de San Paio, onde naceu, colocarase unha placa conmemorativa. Posteriormente na oficina de Turismo de Castro inaugurarán unha exposición dedicada á súa labor social e política, para rematar cun xantar. Desde a organización anímase á veciñanza a participar tal como o fixeron fai 88 anos, cando inauguraron a escola de San Paio.

ÚLTIMAS

Taboada enxalza a cultura do viño do 23 ao 24 de maio nunha nova edición de Raizames

Durante tres días desenvolveranse distintas actividades de dina,mización, como catas e degustacións; a proxección...

O Concello de Sober patrocinará un proxecto alpinista que promocionará a Ribeira Sacra

O Concello de Sober vén de asinar días atrás un acordo de colaboración en...

Éxito total no arrinque das xornadas enogastroturísticas ‘Marida Maio’

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, baixo o nome de Marida Maio, comezaron este...

Taboada e Chantada homenaxean ás cantareiras esta fin de semana

Este sábado 17, día propio das Letras Galegas, o Concello de Taboada organiza unha...