HomeCulturaConcerto de Doc Magoo's o 30 de xullo en Ribas de Sil

Concerto de Doc Magoo’s o 30 de xullo en Ribas de Sil

A banda monfortina de rock, Doc Magoo's, ofrece un concerto este sábado, 30 de xullo, ás 23:30 h. na Praza do Concello de Ribas de Sil, na localidade de San Clodio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actuación, aberta ao público e gratuíta, tamén servirá para presentar algunhas novidades do grupo como o seu novo cantante, o ourensán Fran, e algúns temas novos que están a incorporar ao seu novo repertorio.

Trátase dunha actividade de dinamización de verán que se organiza baixo a iniciativa do Bar Central e Hermanager Producións e coa colaboración do Concello de Ribas de Sil.

DOC MAGOO’S

Senlleira banda monfortina de Rock & Roll avalada por unha traxectoria de máis de 20 anos rodando polos escenarios de toda Galicia. Especializados en versionar aos grandes de todos os tempos, nos seus concertos pódense escoitar temas míticos da escena musical internacional. Neil Young, The Black Crowes, Prince, Police, Rolling Stones, Lenny Kravitz, The Doors, Beatles, Bob Dylan, entre outros, atópanse entre o seu repertorio.

Doc Magoo’s destacan, entre outras cousas, polo seu auténtico, potente e puro concerto en directo. Integran a formación: Franki: Guitarras, Piérrez: Teclados, Napo: Baixo, Pistón: Percusión, Luaña: Armónicas e Fran: Voz.

ÚLTIMAS

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros...

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...

O ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Monforte de Lemos é a cabeceira dunha comarca cunha rede educativa ampla, que abrangue...

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....