HomeCulturaVe a luz, "Control", do pintor monfortino Roberto González

Ve a luz, “Control”, do pintor monfortino Roberto González

A Deputación de Lugo ven de publicar o catálogo Control, no que se recolle a obra que o artista de Monforte, Roberto González, expuxo na Rede Museística Provincial neste ano 2018.

Publicado o

- Advertisement -

As obras da instalación que Roberto González expuxo nos museos da Rede Provincial e que agora se recollen neste catálogo, afondan na idea da imaxe como comunicación, como símbolo que representa as formas históricas de relación social, especialmente as de control desde as diferentes formas de poder.

O catálogo Control conta con textos de Javier Mazorra, María José Fernández, Marica Campo, Olalla Cociña e Olga Novo.

No acto de presentación do catálogo participaron o autor Roberto González, a coordinadora do proxecto, Encarna Lago González, a Directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro García e a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, quen sinalou que esta publicación obedece á intención da Deputación de continuar co traballo de recoñecemento á traxectoria dos artistas lucenses.

Roberto González aproveitou este acto para doar unha das súas obras aos fondos da Rede Museística da Deputación. A peza, W-DV-MZ Diseñador é un retrato de Manuel Martínez coñecido como “Manu”, deseñador e fundador de TATATA Comunicación, falecido este mesmo ano.

Roberto González Fernández naceu en Monforte de Lemos no 1948. En 1977 trasládase a Edimburgo e alterna a súa residencia e traballo entre esta cidade e Madrid. No 84 é bolseiro por “The New York Foundation for the Arts. Artista multidisciplinar interesado pola pintura como medio para expresar ideas e sentimentos, o seu estilo é unha mestura entre formulacións conceptuais e realistas. Sempre interesado pola figura humana, polo espazo e polo tempo, en cada proxecto, Roberto González, crea universos temporais e espaciais propios.

Presentación “Control” / Deputación Provincial

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...