InicioCulturaEmilio Romanos, fotógrafo: "O Courel sempre foi o meu psicólogo"

Emilio Romanos, fotógrafo: “O Courel sempre foi o meu psicólogo”

Publicado o

- Advertisement -

Por todos é coñecido o lema “fai da túa paixón a túa profesión” e isto é o que lle pasou a Emilio Romanos Castiñeira.

Dende mozo, a fotografía paisaxística sempre foi a súa afición pero a súa profesión era outra ben distinta. E aínda que os cartos son imprescindibles para vivir na sociedade actual, a Emilio non lle deu medo deixar todo o que tiña atrás e comezar a súa andaina no mundo da fotografía.

“Eu facía fotos da paisaxe como moita outra xente cunha cámara básica que temos todo e o meu cuñado, que era aficionado a fotografía, díxome que tiña bo ollo e que debería aprender a usar unha réflex. Asegúroche que a min parecíame un coñazo. Á media hora de tela na man xa estaba aburrido dela. Pero dunha vez que fun á illa da Palma merquei unha réflex e á volta díxenlle ó meu cuñado que me ensinara a usala. E de aí saen os meus comezos ca paisaxe, que era o que tiña a man para fotografar; a Ribeira Sacra e O Courel”

Deste xeito comeza a súa historia. Dende o 2003 cunha cámara na man, formándose e expoñendo en congresos continuamente e captando cada esencia da natureza. Xa no 2013, e logo de 10 anos estudando e traballando 12 horas ó día cunha cámara como compañeira inseparable de viaxe, soubo que o seu momento chegara. E así comezou a súa traxectoria de ofrecerlle ós seus clientes, tanto a nivel local, nacional ou internacional, os seus mellores retratos. Que a súa profesión era ofrecerlle á xente as mellores instantáneas das súas vidas. “Cando comecei a traballar neste mundo de xeito profesional, loxicamente teste que adaptar ós gustos da xente pero sen perder a túa esencia, a túa sinal diferenciadora, a paisaxe. A instantáneas de vodas nos bosques do Incio, por exemplo, foron toda unha novidade que dende un primeiro momento os clientes souberon apreciar e sobre todo, entenderon a miña filosofía. O diferente, rompedor e sobre todo, o elemento persoal que eu traía, foi o punto de inflexión na fotografía”.

Con 18 anos pisou O Courel por primeira vez e namorouse del. “A primeira vez que fun estaba nevado e quedei prendado das súa montañas. Sempre me gustou a montaña e cada fin de semana que tiña libre, collía a tenda de campaña e a patear e a pasar alí 2 días”. Aínda que non é un pioneiro na súa especialidade, si que é un dos primeiros fotógrafos do sur lucense en facer fotografía exterior e nocturna na Ribeira Sacra; mosteiros e igrexas baixo a luz da lúa tiveron as súas primeiras imaxes grazas a cámara de Emilio Romanos. “O Courel sempre foi o meu psicólogo. Mochila, cámara e a desconectar de todos os problemas persoais. Leva moitos anos sendo a miña terapia. A Ribeira Sacra agasalloume moitas veces con momentos que xamais pensei vivir e menos traballando”.

En canto a se valoramos a paisaxe da zona ten claro que, “non sabemos valorar o que temos. Os que veñen de fora saben valorar  a riqueza paisaxística que nos rodea, sen embargo, os que estamos na zona todo o ano nin a coñecemos, nin o sabemos e polo tanto, non o valoramos. É triste pero seino dende fai moitos anos. Con 18 faláballe á xente do Courel e mirábanme mal. Temos bosques de 2000 anos que moitos nin o saben”.

Como moitos dos que se adican á arte, tamén opina que “a arte está moi infravalorada. A xente non valora o prezo da arte. Eu vendo cadros de paisaxes e soamente ó fixen á xente que vive fora como no Canadá ou Noruega pero a xente de aquí non gasta en instantáneas das súas paisaxes. Eu podo entender que non todos os petos son iguais e que hai xente que 300 euros por un cadro non os pode pagar. Pero hai moitas máis das que nos pensamos que si pode e, sen embargo, o que che di é que é caro. Non se valora o esforzo nin os gastos que xera facer unha foto. Creo que dende que hai teléfonos intelixentes moita xente pensa que unha foto faina calquera”.

Eclipse/Emilio Romanos

Ilusionado co seu traballo e fiel a súa técnica, tamén sabe o que é a adaptación. “Agora estou comezando a facer fotografía no estudo que abrín na Rúa Morín, sobre todo polos bebés. Un menor de meses non o podes ter no exterior ó frío ou á calor. Deste xeito sabes que el vai estar ben e sobre todo os pais, moito máis tranquilos e eu tamén. O que se pretende é ter un recordo tanto na retina e no papel para toda a vida. Ademais as fotos de meniños non son de temporada como as comuñóns e o clima aquí é duro”.

 

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....