HomeCulturaXogos de mesa en galego, este mércores pola tarde na casa da...

Xogos de mesa en galego, este mércores pola tarde na casa da cultura de Monforte

Este espectáculo é de carácter gratuíto e está dirixido a un público infantil e familiar, co desenvolvemento de xogos de mesa en galego, e co obxectivo de promover o xogo en familia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte organiza para este mércores, 30 de novembro, ás 18:00 horas e na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro a realización dunha sesión de “Xogos de mesa en galego: xogar, aprender, medrar” a cargo de Brazolinda.

A actividade está organizada polo Concello de Monforte e deseñada dentro da programación da Rede Galega de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia de 2022. Empregaranse nesta xornada xogos de creación propia, en galego e deseñados para que poidan xogar xuntos grandes e pequenos. Estes xogos teñen unha grande aceptación entre as familias e tamén se empregan como material didáctico nas aulas, pois a través das matemáticas, expresión oral, mitoloxía galega, Camiño de Santiago, adiviñas, … fomentan non só a aprendizaxe de contidos senón tamén a introdución do galego en calquera ámbito, favorecendo ó mesmo tempo a socialización.

O Concello de Monforte realiza esta actividade de promoción do uso da lingua galega como parte do proxecto cultural TeCe redes en galego do Fondo Xacobeo 21-22 da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

ÚLTIMAS

A ‘Romaría da Ermida’ xa é Ben de Interese Cultural

A nova de declarar Ben de Interese Cutural á 'Romaría da Ermida' chega no...

Queres participar nunha curta que se rodará do 22 ao 27 de setembro en Rosende?

La Plantación. Encuentros y Conocimiento organiza do 20 ao 29 de setembro un obradoiro...

A CIG Saúde reclama a apertura inmediata da Planta de Medicina Interna no Hospital de Monforte

A CIG Saúde asegura que a suspensión dos quirófanos débese á falta de cama...

​O monfortino Lucas Pavón Sanmartín, subcampión de España de pesca

O Club Pesca Río Cabe vén de colleitar un gran éxito nacional e reafirma...