HomeCulturaO Multiusos de Monforte acolle a presentación en Galicia do último libro...

O Multiusos de Monforte acolle a presentación en Galicia do último libro de Dolores Redondo

A escritora, Dolores Redondo, visita este mércores Monforte para facer a presentación en Galicia do seu último libro "Esperando el diluvio". A cita será no Edificio Multisos de Monforte este mércores ás 20.00. Mañá neste mesmo escenario á mesma hora celebrarase o Festival de Nadal do Conservatorio Municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A escritora, Dolores Redondo, visita este mércores Monforte onde ás 17.00h presentará o seu último libro, “Esperando el diluvio”, será nun acto coa prensa. Ás 20.00h e xa aberto ao público, Dolores Redondo, fará a presentación para Galicia do seu último título nun acto público que se desenvolverá no Auditorio Multiusos de Monforte coa participación, entre outras, da xornalista Manola Porto. O acto será tamén un encontro cos lectores no que se fará firma de exemplares.

Festival de Nadal

E o auditorio do Multiusos acolle este xoves día 22 de decembro ás 20:00 horas o Concerto de Nadal do Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez” nas súas diversas especialidades. As actuacións realizaranse en grupos de conxunto de guitarra, saxofón, violín, clarinete/frauta, percusión, vento metal (trombón/trompeta), así como coros de grao elemental e profesional e  orquestra. No concerto de entrada libre e gratuita, interpretaranse sobre todo pezas de temática navideña, así como obras de autores clásicos e modernos.

ÚLTIMAS

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros...

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...

O ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Monforte de Lemos é a cabeceira dunha comarca cunha rede educativa ampla, que abrangue...

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....