HomeCultura"Desenmascarando o Entroido" na Pobra do Brollón

“Desenmascarando o Entroido” na Pobra do Brollón

Este venres, 3 de febreiro, comeza a programación de entroido do concello da Pobra do Brollón co ciclo de charlas ‘Desenmascarando o Entroido’. Abre o ciclo o antropólogo Rafa Quintía coa súa charla "O Entroido en Galicia: Ritos, oficiantes e significados", ás 20.15 na casa da cultura Olga Novo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As seguintes charlas serán a cargo do artesán X.M. Seixas, cunha exposición e conversa sobre máscaras (venres 10), e o investigador local Felipe Castro, que falará sobre o Oso de Salcedo e outras tradicións desta parroquia da Pobra (venres 17). Todas as charlas comezan ás 20:15 h na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e a entrada é libre.

Como parte da programación municipal, haberá tamén dous obradoiros infantís de compadres e comadres. Serán os martes 7 e 14 ás 17:00 na Casa da Cultura. A participación é libre e gratuíta.

Os propios días de compadres e comadres (os xoves 9 e 16) haberá concurso destas figuras, con varias categorías individuais e colectivas, e realizarase a queima das figuras.

O último evento da programación municipal será o sábado 18 co desfile de disfraces, comparsas e carrozas, acompañado pola charanga RQR. O desfile rematará na Casa da Cultura coa entrega dos premios tanto de compadres e comadres como do desfile. 

O sábado á noite arranca o Entroido na parroquia de Salcedo, que continuará ata o martes 21. O sábado e domingo pola noite son as representacións teatrais a cargo dos veciños e veciñas. O pregón, así como os disfraces de campo e o baile das madamas e danzantes terán lugar o domingo pola tarde. O luns é o día do evento máis icónico do Entroido salcedán, a saída do Oso.

ÚLTIMAS

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...