HomeCulturaRaizames: poñendo en valor a Cultura do Viño da Ribeira Sacra

Raizames: poñendo en valor a Cultura do Viño da Ribeira Sacra

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo en funcións, Pilar García Porto, participou este venres 9 de xuño na inauguración do evento que tivo lugar na Casa da Cultura de Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Botou a andar a primeira edición do Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra, Raizames. A Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada (Acimta) organiza esta cita que comezou o pasado venres 9 de xuño e que continuará durante toda a fin de semana.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo en funcións, Pilar García Porto estivo o venres na inauguración e celebrou a importancia de que xurdan “iniciativas novas sobre os produtos de calidade que definen a gastronomía da nosa provincia”. “Arranca un programa ambicioso e cun enfoque transversal. Falar do viño é falar do noso sector primario, dun produto tradicional que na Ribeira Sacra acada un sistema de cultivo que se adapta ás condicións extremas dos bancais”, afirmou.

A Deputación de Lugo colabora con este proxecto a través da organización de catro actividades que permitirán descubrir o mundo vitivinícola aos asistentes. Os proxectos levados a cabo serán un encontro en cada unha das xornadas e un percorrido cultural do viño coas intervencións artísticas de Mallou Cantares da Terra, as bailarinas María Pichín e Ariadna Vázquez, a poeta Alba María e o narrador Francisco Romualdo.

A deputada provincial explicou que apostar polo viño, polo turismo e pola cultura é o mellor xeito de apostar polo futuro do rural e da súa xente; desexando ademais que esta xornada se consolide como “unha festa da gastronomía e a cultura que anime cada vez a máis visitantes a achegarse a Taboada e á Ribeira Sacra”

PROGRAMACIÓN

A inauguración celebrouse o pasado venres 9 de xuño cunha xornada inaugural baixo o título de Os Garciáns da Ribeira Presente, na que participaron Acimta, Tamara Castro; Adegas da Memoria, con Xosé Gago e Xosé Castiñeira, e A verba viva, con Lorena Gallardo e Mercedes Vázquez. Tamén se celebrou unha cata guiada.

SÁBADO 10 DE XUÑO

De 10:00h. a 13:30h.: Roteiro Canta arte se agocha nunha cunca de viño (saída da Praza de Riazón)

De 12:00h. a 16:00h.: Espazo Atmósfera Viño (Praza de Riazón)

14:00h.: Concerto de Sabela King and The Heatbreakers (Praza de Riazón)

17:30h.: Danza contemporánea Feminitude de Cali Danza Consciente (Praza Riazón)

18:30h.: Encontro O viño, unha historia de mulleres (Casa da Cultura)

De 19:00h. a 22:00h.: Espazo Atmósfera Viño (Praza de Riazón)

DOMINGO 11 DE XUÑO

11:00h.: Presentación do libro A nación dos mil viños (Casa da Cultura)

12:00h.: Encontro Espazo Adegas da D.O. Ribeira Sacra (Pazo San Pedro de Bembibre)

De 12:00h. a 16:00h.: Espazo Atmósfera Viño (Praza de Riazón)

13:00h.: O viño viaxa en barca. Contos de Anxo Moure para o público familiar (Praza de Riazón)

15:00h.: Brinde de feche do Encontro (Praza de Riazón)

ÚLTIMAS

27 de xuño de Portas Abertas no servizo de atención temperá de Quiroga

Dende o Servizo de Atención Temperá tiveron a iniciativa de reunir a todos/as os...

Monforte acolle o Campus Internacional Ucraíno de Verán de Ximnasia Rítmica do 24 ó 28 de xuño

O programa de contidos do Campus contará con sesións de aprendizaxe, masterclass internacional e...

“Nin un só día sen médico e unha lei de alta montaña”, pide Courel Vivo ao pleno

O concello do Incio está situado nunha zona de montaña cunhas intensas características orográficas...

O Colectivo Vermut ‘ao rescate’ do San Xoán dos Chaos, en Monforte

Moitas celebracións populares van a menos, e incluso pérdense, por falta de relevo xeracional....