HomeCulturaSacra Festival e campamentos infantís no Museo Pazo de Tor

Sacra Festival e campamentos infantís no Museo Pazo de Tor

A deputada de cultura, Iria Castro, comezou no Museo Pazo de Tor a visita aos museos da Rede Museística Provincial de Lugo. Fíxoo aproveitando a celebración do Sacra Festival.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Museo Pazo de Tor comezaba o venres, 14 de xullo, unha ampla programación para esta segunda quincena do mes. Dentro da programación expandida da RMPL (Rede Museística Provincial de Lugo), coa que os museos ábrense a iniciativas que parten do territorio, o Museo Pazo de Tor acollía unha nova edición do Sacra Festival.

A cita contou coa visita da nova deputada de cultura, Iria Castro, que asistiu ao espectáculo de danza inclusiva Distopía de Compañía 5S, e ás actuacións de Alberto Cernadas, Allova ou Sila Lua que formaban parte do Sacra Festival. A deputada abría así a rolda de visitas aos museos da RMPL, “Alégrame que iniciara o seu mandato achegánsose a Tor, que viñera a coñecer os novos proxectos museolóxicos, Soterradas ou a exposición a Historia do Futuro. Todo Tor e todos os proxectos que temos aquí en marcha e que espertaron o seu interese”, sinala Encarna Lago, xerente da RMPL.

Entre as próximas citas no Museo Pazo de Tor destaca o campamento infantil que se desenvolverá do 20 ao 21 de xullo en horario de 10:00 a 13:00. Coñecerán o territorio a través do mapa de Fontán e celebrarán a actividade “Corporízate na RMPL”. O taller traballará o desenvolvemento de linguaxes corporais dende as artes escénicas, clown, danza contemporánea inclusiva e o ioga. As inscricións no correo concertacionsrmp@gmail.com

Do 18 a 19 de xullo desenvólvese o obradoiro “Pazo con todxs”. A asociación Agora participa desta proposta que pretende xerar un espazo de benestar destinado ao coidado de relacións comunitarias a través da risoterapia e o xogo no museo.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...