HomeCulturaO concello de Monforte comeza o 5 de outubro a programación teatral...

O concello de Monforte comeza o 5 de outubro a programación teatral do segundo semestre do ano

No segundo semestre deste ano contarase en Monforte con nove representacións de compañías tanto profesionais como de teatro afeccionado dirixidas a público adulto como infantil e familiar. As obras representaranse entre os meses de outubro e decembro.

Publicado o

POR
Redaccion
- Advertisement -

A participación do Concello da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios permitirá que se acheguen a Monforte as seguintes compañías e obras para público adulto:

  • Gloria Nacional, da compañía Teatro do Noroeste, o xoves 5 de outubro, ás 20:15 horas. Será no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada xeral de 5€, e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.
  • Unha inimiga do pobo, da compañía Talía Teatro, o xoves 26 de outubro, ás 20:15 horas. Será no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada xeral de 5€, e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.
  • O porco de pé, da compañía Producións Teatrais Excéntricas, o xoves 9 de novembro, ás 20:15 horas. Será no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.
  • Contos Arraianos, da compañía Sarabela Teatro, o xoves 30 de novembro, ás 20:15 horas. Será no Auditorio do Edificio Multiusos, con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.

Programación para público Infantil e familiar:

  • The show moscón, de Galitoon, terá lugar o domingo 3 de decembro, ás 18:00 h. no Auditorio do Edificio Multiusos, para público infantil e familiar, e con entrada xeral de 5€ e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados.

Ciclo de Teatro Afeccionado e o Circuíto de Teatro Profesional

O Concello de Monforte de Lemos tamén participa noutros dous circuítos teatrais nesta ocasión os da Área de Cultura da Deputación de Lugo: o Ciclo de Teatro Afeccionado e o Circuíto de Teatro Profesional.

Dentro do Ciclo de Teatro Afeccionado, o sábado 25 de novembro ás 20:00 h na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o grupo Argalleiras-Chantada representará A autopista, representación con entrada gratuíta dirixida a todos os públicos.

Tamén dentro deste ciclo de teatro afeccionado, o sábado 16 de decembro ás 20:00 h na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o grupo Viraventos-Monforte representará A cegueira de Cupido, representación con entrada gratuíta dirixida a todos os públicos

Dentro do Ciclo de Teatro Profesional o grupo Ítaca Teatro-Chantada representará o xoves 28 de decembro ás 20:00 no Edificio Multiusos a obra Anacos. Esta representación dirixida todos os públicos tamén será de entrada gratuíta.ciclo

Finalmente, fora de ambos circuítos, o Concello programa a obra Inseguridade Social de Teatreiras-Monforte, para o sábado 18 de novembro, ás 20:00 h na Casa da Cultura, con entrada gratuíta para todos os públicos.

ÚLTIMAS

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros...

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...

O ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Monforte de Lemos é a cabeceira dunha comarca cunha rede educativa ampla, que abrangue...

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....