HomeCulturaA escritora quiroguesa Celia Díaz estará na 'Diada de San Jordi'

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Será este 23 de abril e representará, xunto con outras escritoras, a literatura galega. Estará nun posto que poñerá o Centro Galego de Barcelona nas céntricas Ramblas.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as súas obras nun espectacular escaparate. Nada máis e nada menos que na concorrida e popular exaltación da literatura que supón a celebración de San Jordi para a sociedade catalá.

Estará, xunto con outras escritoras galegas, no posto que terá o Centro Galego de Barcelona na Rambla de Caputxins 35/37 a partir das 10:30 h.

Fachada do Centro Galego de Barcelona. Foto cedida.

Coñecida esta oportunidade que se lle presentou, aproveitamos para facerlle catro preguntas rápidas.

Como xurdiu a túa viaxe a Barcelona para estar no Sant Jordi?

Foi un amigo quen me puxo en contacto co Centro Galego de Barcelona para acudir á Diada de San Jordi representando a literatura galega. Estarei acompañada por outras escritoras galegas, as poetas Tamara Andrés, Sara Villar e Ánxela Lema. De maneira que entre todas achegaremos propostas dos tres xéneros: poesía, narrativa e teatro. Unha visión plural do panorama literario do noso país. 

É a túa primeira vez? 

Si, é a primeira vez e supón unha gran oportunidade para vivir en directo esta experiencia. 

Que libros levas para presentar ao público? 

Levarei varios libros de narrativa: “As faces do diamante”, “Corte e confección”, “Unha verdade amarga”, “A boca do monte” e “Rugando, o misterio do cuarto secreto”, todos eles publicados pola Editorial Galaxia. Tamén dous libros de teatro infantil: “Unha estrela para Amina” e “Velaí vai o papaventos”. Unha selección de obras dos dous xéneros que escribo decote. 

Onde estarás? 

Estarei no stand do Centro Galego de Barcelona, na Rambla de Caputxins 35/37 a partir das 10:30h.

Que idea levas do que representa Sant Jordi para a cultura e para a sociedade catalá?

Creo que o San Jordi é a gran festa da cultura catalá. Unha celebración da lingua e da literatura, tamén unha reivindicación da súa identidade. 

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...