HomeCulturaSober convoca dúas bolsas culturais internacionais "Pintor de Castinandi"

Sober convoca dúas bolsas culturais internacionais “Pintor de Castinandi”

As bolsas ‘Pintor de Castinandi’ son formacións culturais internacionais destinadas a persoas de ata 40 anos promovidas e patrocinadas polo Concello de Sober, e organizadas polo proxecto cultural ‘La Plantación’, que dirixe Elisa Pereira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober convoca dúas Bolsas Culturais Internacionais ‘Pintor de Castinandi’ para o verán 2024 co obxectivo de impulsar o crecemento cultural a nivel internacional, fomentar o estudo e facilitar o desenvolvemento persoal de dúas persoas, que poderán asistir de maneira gratuíta ao Taller de Verán que ‘La Plantación’ organiza na disciplina de fotografía. O taller de fotografía celebrarase do 30 de xuño ao 5 de xullo co recoñecido fotógrafo Javier Vallhonrat.

A actividade formativa foi presentada polo alcalde, Luis Fernández Guitián, a responsable de La Plantación, Elisa Pereira, e o persoal da Casa Grande de Rosende onde se vai levar a cabo o taller.

É o cuarto ano no que o Concello de Sober colabora con este proxecto no que ao longo dos seus dez anos de vida teñen participado máis de 2.000 persoas de toda España e outros países. En total, o Goberno local leva financiado sete becas, coas deste ano, de persoas chegadas desde lugares tan diversos como Galicia, A Rioxa ou Porto Rico. Nesta ocasión cada bolsa ten un valor de 825 euros.

‘La Plantación. Encontros e Coñecemento’ é un proxecto cultural feito desde Galicia, onde se cultivan e comparten experiencias ao redor de distintas artes. O método de traballo consiste en propoñer encontros abertos entre un autor e calquera persoa que estea interesada (profesional e non profesional) co obxectivo de reflexionar ao redor de proxectos e intereses creativos.

Mediante esta convocatoria, o Concello de Sober busca a dúas persoas con inquietudes artísticas e culturais e coa necesidade de seguir formándose que posúa un destes perfís:

  • Ata 40 anos.
  • Estudantes en activo matriculados actualmente nuns estudos próximos á especialidade de cada taller.
  • Titulados en estudos relacionados coa especialidade de cada taller.
  • Outras persoas relacionada coa especialidade.

As persoas interesadas presentarán unha carta de motivación, onde indicarán porqué quere facer o taller, como cren que poderán aproveitalo nun futuro, etc. Tamén teñen que enviar unha mostra do seu traballo fotográfico persoal (dossier). As solicitudes presentadas serán avaliadas por un comité e as ideas rexistradas permanecerán en todo momento baixo a propiedade intelectual das persoas participantes.

A participación e recepción dos proxectos estará aberta desde o día 23 de maio de 2024 ás 00:00 horas, ao día 5 de xullo de 2024 ás 23:59 horas.

A persoa gañadora da bolsa, deberá ter dispoñibilidade para participar durante seis días de formación experiencial, totalmente presencial (no taller de verán para o que solicita a bolsa, devandito taller levará a cabo na Casa Grande de Rosende. Rosende, Sober, (o taller inclúe manutención en pensión completa. Os desprazamentos ata o lugar onde leva a cabo o taller son a cargo da persoa bolseira). O fallo do xurado notificarase a través do correo electrónico á persoa gañadora da bolsa o día 12 de xuño de 2024.

Pódese atopar máis información do Taller de Verán na seguinte ligazón: Taller de Verán de fotografía con Javier Vallhonrat. Do 30 de xuño ao 5 de xullo. “Proyectos fotográficos y creatividad”. https://laplantacion.info/2023/12/27/javier-vallhonrat-julio-2024-taller-de-verano- presencial-fotografia/

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...