HomeCulturaO Mago Iago, anfitrión na 'Gala máxica' de Monforte

O Mago Iago, anfitrión na ‘Gala máxica’ de Monforte

Será esta noite, ás 22:30 h. na Praza de España de Monforte de Lemos. Ademais do Mago Iago, participarán Mago Rafa e Dani Polo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte acolle este sábado 10 de agosto a celebración dunha nova edición da Gala Máxica, unha actividade que empeza a consolidarse xa no programa do Verán Cultural monfortino.

Salientar que nela fai de anfitrión o Mago Iago, un mago emerxente monfortino que vai medrando ano a ano aumentando o número de actuacións en diferentes eventos a nivel de Galicia. Nesta gala coincidirá co Mago Rafa, un dos magos xunto con Roberto Lolo que levan tempo axudándolle na formación e proxección profesional, e tamén con Dani Polo.

Este xornal pode presumir de ser o primeiro que o entrevistou, cando tan só contaba con 6 anos. Podedes recuperar a entrevista AQUÍ.

A gala organizada polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte está patrocinada polo AGADIC da Xunta de Galicia e celebrarase na Praza de España a partir das 22:30 horas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...