HomesociedadeÉxito nas visitas á zona de ámbito xudeu de Monforte

Éxito nas visitas á zona de ámbito xudeu de Monforte

Este domingo celebráronse dúas visitas guiadas e gratuítas á zona de ámbito xudeu de Monforte. A xornada da mañá contou coa participación da concelleira de Cultura, Marina Doutón, e á da tarde, coa concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do total de 100 prazas ofertadas (50 por quenda), finalmente foron un total de 120 inscritos (70 persoas na quenda da mañá e 50 na da tarde), que foron integrados en cada unha das visitas, dado que foron desenvoltas en zonas exteriores, sen problemas de aforo, e debido o enorme interese suscitado.

As visitas, que foron comentadas por Felipe Aira, enmárcase dentro das actividades arredor da Xornada Europea da Cultura Xudía, e intégranse dentro do programa do Verán Cultural organizado polo Equipo de Goberno do Concello monfortino.

Monforte de Lemos pertence, xunto con outras 20 poboacións de España, á Asociación “Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad”, o cal representa un recoñecemento ó seu rico pasado medieval e en particular á pegada hebrea no mesmo. Pertencer a esta asociación supón contar con actividades que permiten a divulgación do patrimonio histórico e artístico da cidade.

A temática da Xornada Europea da Cultura Xudía proposta pola Red de Juderías para este ano 2024 ven impulsada pola Asociación Europea para la Preservación y Promoción de la Cultura y el Patrimonio Judíos e o fai baixo o lema “Unha gran familia”, que engloba nunha árbore colectiva a todos os membros da Rede de Xuderías, a través dos cales se mantén e transmite a cultura xudía

ÚLTIMAS

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...