HomeCulturaTeatro por partida dobre esta fin de semana en Monforte de Lemos

Teatro por partida dobre esta fin de semana en Monforte de Lemos

Este sábado, 30 de novembro, ás 20:00 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, a asociación cultural Teatreiras-Monforte, representará "Os Outros". E este domingo, 1 de decembro, ás 18:00 no Edificio Multiusos cita para o público infantil con Nanai da China, da compañía Pérez&Fernández.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, 30 de novembro, ás 20:00h na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro terá lugar unha nova cita co teatro, neste caso dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Representarase a obra para todos os públicos Os Outros, da asociación cultural Teatreiras-Monforte, unha peza montada, coordinada e dirixida por Francisca Abeledo. A representación ten entrada libre e gratuíta.

Sinopse

Unha casa moi antiga, habitada por varias pantasmas, que en vida tamén a habitaban (ou pasaban por alí cando lles chegou o final), acollerá novos habitantes, que por cousas do azar acaban de herdar tremendo casoplón. As novas inquilinas comezan a facer plans de convertela nun hotel, pero os intereses de cada un dos personaxes, dun lado e doutro, acabarán chocando e provocando unha chea de líos que só poderán ter un final: chegar a entendemento e convivir en harmonía.

Xa para este domingo, 1 de decembro, ás 18:00 no Edificio Multiusos contarase cunha nova obra de teatro dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Poñerase en escena a obra para público infantil e familiar, Nanai da China, da compañía Pérez&Fernández, composta por Victoria Pérez, e Xabier Romero, dirixida por Victoria Pérez e coa interpretación de Victoria Pérez e Manu Fernández.

É unha obra cun prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

Sinopse

Nanai da China é unha nena que naceu unha noite sen lúa. Os seus veciños rexeitana dende que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir que non, e axudar ao seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do Yangtsé en compañía de Chispúm, un simpático búfalo de auga.

Para loitar contra a estúpida superstición da xente, Nanai e o seu avó elaboran un plan que… non sae todo o tempo tan ben como debería…

Nanai da China é un espectáculo de teatro para público familiar onde os títeres e os actores se fusionan para representar este conto orixinal cheo de maxia, aventuras, e humor. A peza gañou o Premio María Casares 2024 na categoría de monicreques.

A seguinte obra do ciclo de teatro programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, para público adulto, será Testosterona, da compañía Malasombra, que terá lugar o xoves, 12 de decembro, no auditorio do Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

ÚLTIMAS

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará con 50.000€ a continuidade do matadoiro de Sarria

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará cun achega de 50.000 euros para a...

Máis dun cento de usuarios e sen lista de espera no Servizo de Atención Temperá de Quiroga

Esta semana reuníronse no salón de plenos da Casa do Concello de Quiroga representantes...

En funcionamento a nova iluminación dos aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela

Á nova iluminación da zona de aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela, destináronse máis...

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...