HomeCulturaCentos de asistentes ás representacións do Desfile de Comparsas de Chantada

Centos de asistentes ás representacións do Desfile de Comparsas de Chantada

O Concello de Chantada destina a esta celebración 6.000€ entre premios e axudas para incentivar a participación. Ao remate do desfile contouse coa actuación da orquestra La Travesía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Máis de 300 persoas participaron no Desfile de Comparsas deste sábado, 1 de marzo, no Concello de Chantada. Ás 18:00h. comezaba o percorrido na Domuvi encabezado polo Entroido Ribeirao, seguiríanlle as 9 comparsas participantes con representación do Concello de Chantada e dos concellos de Antas de Ulla, Carballiño, Sarria, Rodeiro, Monforte de Lemos, Maside e Amoeiro.

O desfile percorreu as rúas de Chantada e foi seguido por numerosas persoas que ao remate se deron cita na carpa instalada na Praza de Galicia onde as diferentes comparsas fixeron as súas representacións para ser valoradas polo xurado, composto por 5 membros da orquestra La Travesía que amenizaría tamén a verbena posterior.

De entregar os premios encargaríanse membros do equipo de goberno encabezados polo alcalde, Manuel Lorenzo Varela. Así entregáronse os seguintes premios:

Comparsas Infantil Local

1º Premio: Tropical Show (Chantada). 500,00€

Comparsas Infantil Xeral

  • 2º Premio: Grease Antas (Antas de Ulla). 500,00€
  • 1º Premio: Tropical Show (Chantada). 700,00€

Comparsas Adultos Xeral

  • 3º Premio: “Festas no barranquillo” (Sarria). 300,00€
  • 2º Premio: “Liñares Factory Team” (Amoeiro). 500,00€
  • 1º Premio: “O mar ao son de Dacón” (Asociación Cultural Os Arrieriños de Dacón, Dacón – Maside -). 700,00€

Comparsas Adultos Local

1º Premio: “Galicia Caníbal” (Chantada). 500,00€

ÚLTIMAS

Claudia Taboada, actriz con raíces maternas en Quiroga: “É ridiculamente marabilloso ser intérprete”

Falamos con Claudia Taboada, quiroguesa por vía materna e moi ligada a este concello...

Monforte fará unha poda de rebaixe nos magnolios dun tramo da rúa Cardeal

A brigada de Parques e Xardíns da Concellaría de Medio Ambiente realizará nos vindeiros...

Esperta Monforte apoia a solicitude de nulidade da votación da moción nacionalista do pleno do 29 de decembro

Esperta Monforte asegura compartir os argumentos expostos polo BNG para reclamar a invalidez do...