InicioCulturaAxenda cultural e de ocio para a fin de semana no sur...

Axenda cultural e de ocio para a fin de semana no sur de Lugo

De venres a domingo hai numerosas propostas para aproveitar en diferentes concellos do sur de Lugo. Cinema, contos, humor, música, maxia e teatro completan un bo abano de posibilidades.

Publicado o

- Advertisement -

Este venres e sábado desenvolverase a 4ª Escolma de cinema en galego de Sarria, co cal os amantes do cinema do país e de corte máis documental teñen unha cita obrigada na Casa da Cultura e no local social de La Unión desta vila.

O Concello de Bóveda e o Concello de Sober ofrecen este venres actividades para celebrar o “Día de Rosalía de Castro”. No Centro Sociocultural de Bóveda a partir das 16:00 h. haberá unha exposición sobre a súa vida, a proxección de “Rosalía de Castro. Os Bolechas” e raps dedicados á autora galega baseándose no libro disco Rapoemas da coñecida rapeira Aid. En Sober, dentro do seu ciclo Merendas con Contos, ás 17:30 h. na Biblioteca Municipal temos un contacontos ilustrado sobre Rosalía de Castro.

Xa pola noite, neste mesmo día, o monologuista coruñés Rodolfo Couto trae o seu humor irónico e directo a Monforte de Lemos, concretamente ao local Garden a partir das 23:45 h. Couto nas súas actuacións “tira a furar”, poderíase definir como un intelectual de barra que non dubida en sincerarse diante dun gintonic, basicamente porque as penas con alcohol son menos e non hai mellor confesor que o público ao que lle gusta a comedia. A entrada é de balde.

Sen saír da cidade do Cabe, o sábado ás 23:00 h. está programado un concerto no Pub Awa a cargo do grupo de versións The Moucho’s Band. Os mellores temas do pop rock español e cunha exclusiva, a incorporación dunha voz feminina e novos temas no repertorio xa coñecido dos fans do grupo. Unha oportunidade para non perder, polo bo rollo que desprende esta formación e tamén pola curiosidade de ver o novo directo coa nova cantante e os novos temas. Entrada gratuíta ata completar aforo.

The Moucho’s Band ao remate dun dos seus concertos. Foto cedida.

Este sábado 23 tamén hai unha proposta interesante en Ferreira de Pantón, concretamente no Bar Carabelos. Noite de maxia a partir das 22:00 h. a cargo de Andrés Madruga. Mago, cómico, improvisador e un pouco pallaso son as cartas ‘máxicas’ de presentación deste madriñeño curtido en escenarios de toda España. Entrada de balde.

Andrés Madruga. Foto cedida polo artista.

Chegando ao domingo atopamos unha interesante proposta teatral dirixida a público infantil, especialmente a nenos e nenas de 3 a 8 anos. Trátase de “Patapatúm” da compañía Elefante Elegante e que se representará no Edificio Multiusos de Monforte ás 18:00 h.  A obra quere reflectir a actitude de país e nais que ofrecen agasallos e buscan actividades e ocupacións aos máis pequenos para que non se aburran, pero en certo grao o aburrimento non é sempre negativo.

A obra forma parte do ciclo da Rede Galega de Teatros e Auditorios e o prezo da entrada normal é de 5 euros, sendo de 3 para desempregados, xubilados e estudantes.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...