HomeDeportesFesta do ‘Babybasket’ en Monforte

Festa do ‘Babybasket’ en Monforte

Será este domingo 20 de marzo coa III Concentración Babybasket organizada polo CB Val de Lemos, o Concello de Monforte e a Federación Galega de Baloncesto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Preto de 200 nenos e nenas de 19 equipos de 12 clubs participantes darán os seus primeiros botes e encestarán as súas primeiras canastras este domingo disputando partidos en dous pavillóns deportivos de Monforte

A concentración, organizada polo CB Val de Lemos xunto co Concello de Monforte e a Federación Galega de Baloncesto –a través da súa Delegación Ourensá– comezará este domingo 20 ás 9:30 h. e levarase a cabo en dous pavillóns da cidade do Cabe: o da “Pinguela” e o do “Río Cabe”.  

Ás 12:00 h. está prevista a foto de grupo de todos os participantes na Pinguela e haberá unha sorpresa para eles que os organizadores non queren desvelar. Os equipos que xogan no pavillón do IES Río Cabe desprazaranse ata a Pinguela tras finalizar os seus partidos para saír na devandita foto e rematar a concentración xa nesta instalación.

Na categoría babybasket –que abrangue a nenos e nenas nados nos anos 2014, 2015 e 2016–, non hai marcador pois o máis importante é que estes o pasen ben, comecen a familiarizarse co deporte da canastra e adquiran valores como o compañeirismo ou a deportividade.

ÚLTIMAS

O ‘Bóveda Slam Poetry’ muda de nome e de localización

A entidade cultural Kulturnavila, promotora do "Bóveda Slam Poetry", comunica un cambio de localidade...

Tomé celebra que Monforte leva 12 anos consecutivos sen subir taxas e impostos municipais

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este venres, que por duodécimo ano...

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e...