HomeDeportesClub Quixós, primeiro na 'Copa Galega Novas Promesas Slalom' de Arbo

Club Quixós, primeiro na ‘Copa Galega Novas Promesas Slalom’ de Arbo

Esta pasada fin de semana celebrábase na localidade pontevedresa o Campionato Galego de Slálom veterán, sénior e xuvenil, a 3ª Copa Galega de Promesas Slálom. Noa foi gran protagonista con 3 ouros e unha prata.

Publicado o

- Advertisement -

O sábado 10 de setembro celebrábase o Campionato Galego de Slálom no que o Quixós acadou o terceiro posto por equipos. Na categoría xuvenil Noa rematou a competición como campioa galega en K-1 e subcampioa en C-1 xuvenil mentres que Efrén foi bronce en K-1.

O domingo 11 tivo lugar a 3ª Copa Galega de Promesas Slálom e Noa volveu ser protagonista acadando dous ouros, un en K-1 e outro en C-1 cadete.

O resto de medallas nesta Copa Galega repartíronse así para os padeeiros e padeeiras o Club Quixós: Efrén acadou un ouro en K-1 e un bronce en C-1 cadete; Sara foi ouro en K-1 e bronce en C-1 infantil: Diego prata en K-1 e bronce en C-1 infantil; Martín bronce en K-1 infantil e Jacobo bronce en K-1 cadete.

O padeeiro Efrén. Foto: Quixós

O feito de acadar un total de 10 medallas deulle ao club monfortino o primeiro posto por equipos na Copa Galega de Promesas Slálom.

ÚLTIMAS

Mercado de Outono, este 31 de agosto na Praza de Abastos de Monforte

A celebración do mercado mantense, aínda que non se desenvolverán os actos institucionais, en...

A Deputación destina máis de 550.000€ é mellora de estradas en Pantón, O Saviñao e Paradela

A Deputación de Lugo aprobou este venres, na reunión da xunta de goberno, investimentos...

‘Cantiga de amiga’, un documental sobre o lesbianismo na Galicia Medieval

A actividade, que se celebrará ás 20:30 horas no Centro Cívico de Monforte de...

Carballedo, Taboada e Pantón próximas paradas do Ciclo de Teatro Afeccionado da Vicepresidecia

O sábado, 31 de outubro, ás 18:00 horas o Salón de actos da Casa...