HomeDeportesVolve a 'Castro Caldelas Vegan Trail'

Volve a ‘Castro Caldelas Vegan Trail’

Terá lugar o 10 de decembro con carreiras de montaña de 42, 21 e 6 quilómetros; e andainas de 18 e 6. Os avituallamentos e comida final son veganos, tendo ademais carácter benéfico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Deixando atrás o parón por mor da pandemia, volve a ‘Castro Caldelas Vegan Trail’, unha proba que ofrece varias alternativas, dende unha andaina para todos os públicos ata unha carreira de 42 quilómetros.

A carreira de montaña de 42 quilómetros pasa por lugares tan fermosos como San Xoán de Camba, as ribeiras do Edo, o val de Tronceda, ou a Serra da Mazaira con vistas ao meandro de Froxende; a andaina de 18 e o trail de 21 por paraxes como as fervenzas do Edo, ribeiras do río Sobredo ou as famosas Penas de Matacás sobre o canón do Sil para voltar despois por viñedos de Alais e Celeiron e soutos centenarios en Souto de Poboeiros.

Segundo a organización, os trails de 21 e 42 quilómetros teñen unha dureza extrema con desniveis de 1.360 e 3.046 metros respectivamente, desniveis que sitúan estas probas como unhas das máis duras de Galicia.

Panorámica dende Matacás. Foto: Organización ‘Castro Caldelas Vegan Trail’.

COMIDA VEGANA E CARÁCTER BENÉFICO

Outra das características desta proba é que os avituallamentos e comida final son veganos, sendo ademais o seu carácter benéfico. Os fondos recadados serán para o refuxio de animais “A pegada verde” de Trives e tamén se recollerán alimentos para o ‘Banco de Alimentos de Ourense’. Para este último fin haberá caixas de recollida nas tendas de aliemtnación de Castro Caldelas durante toda esta semana.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...