HomeDeportesO 4 e 5 de novembro recupérase a Subida a Taboada, despois...

O 4 e 5 de novembro recupérase a Subida a Taboada, despois de 17 anos

O Concello de Taboada e a Escudería Taboada coorganizan a carreira que terá o mesmo trazado que a última edición, celebrada en 2006, nun treito da estrada entre Rubián e Taboada, á entrada da vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborará coa organización da Subida a Taboada, que se celebrará os días 4 e 5 de novembro. O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes Efrén Castro e o concelleiro de Cultura, Deportes e Medio Rural de Taboada Manuel Diéguez reuníronse esta semana para concretar unha colaboración institucional que permita recuperar esta proba de montaña, despois de dezasete anos sen celebrarse.

Efrén Castro encadrou “a colaboración coa proba no apoio da área de Deportes ao automobilismo, con achegas e colaboracións cos rallys de asfalto e montaña que se celebran nas distintas comarcas e tamén con programas e convocatorias específicas para pilotos de rally”.

Efrén Castro e Manuel Diéguez, acordo Subida a Taboada / Vicepresidencia da Deputación

Manuel Diéguez incidiu no “compromiso da concellería de Deportes de Taboada para facer realidade a recuperación deste rally, que queremos consolidar como un referente desta modalidade na comarca aproveitando tamén a oportunidade que supón para dinamizar a vila”

A Subida a Taboada será a ultima proba do Campionato Galego de Montaña, a segunda na provincia, despois da Subida á Pontenova, que tamén conta coa colaboración da área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...