HomeDeportesCampionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Campionato de España de Taekwondo celebrarase no novo Pavillón polideportivo da Pinguela de Monforte e agárdase que reúna uns 350 taekwondistas procedentes de 15 comunidades autónomas de toda España. Competirán nas modalidades de Poomsae e Freestyle.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello, Óscar Rodríguez, e o director deportivo do Ximnasio Neka, José María Vega, presentou este mércores en rolda de prensa o Campionato de España de Taekwondo, que se celebrará na cidade de Monforte de Lemos o sábado, 4 de maio.

José María Vega, explicou os pormenores dun Campionato que aínda ten aberta a súa inscrición, ata as 12 da noite do xoves, e que leva anotados uns 300 deportistas, aínda que se espera chegar ós 350.

Entre eles, estarán 11 taekwondistas monfortinos. En Senior, Alejandro Losada, Marco García, Carlos Rey, Daniel Areán y Laura Álvarez. En Júnior, Aitor Teijeiro, Alan David Bustamante e Lucía Roca. En Cadete, Inés Casal, Aya Jabni e Alicia Castro.

O responsable do Club Neka destacou que na decisión da Federación Española de traer o campionato a Monforte pesaron moito as condicións que ofrecen o novo pavillón da Pinguela. As modalidades de competición serán as de Poomsae e Freestyle, que son de exhibición individual, de técnica e con acompañamento musical.

A día de hoxe, xa se conta coa participación de 15 das 17 federacións autonómicas españolas (queda por confirmar se se apuntarán deportistas de Canarias e Baleares), federacións que moven un alto número de acompañantes, entre deportistas, staff técnico, familiares e amigos. A entrada ten un custe de 5€ marcado pola Federación Española de Taekwondo.

O Concello de Monforte achegará unha axuda de 5.000€ para o Campionato e o Deputación Provincial de Lugo tamén se aportarán outros 5.000€, “aportando o 66,6%, que son 2/3 do custe do canon de 15.000€ que a Federación Española de Taekwondo estipulou para conceder a celebración do Campionato na nosa cidade”.

O Alcalde aproveitou para recoñecer o traballo do Club Neka, felicitar ó seu director deportivo, José María Vega, como mellor adestrador de España e agradeceu á Federación Española de Taekwondo que apostara finalmente por Monforte para celebrar este campionato. E recoñeceu os éxitos acadados polos taekwondistas monfortinos nos últimos anos “motivo polo que merecen que se celebre un Campionato de España na súa cidade”.

O rexedor monfortino desexou “que este Campionato de España de Taekwondo traia a Monforte un alto nivel de competición, que os nosos deportistas triunfen, e que resulte todo un éxito, porque será o éxito de todos”.

Xa na fin de semana do 11 e 12 de maio Monforte acollerá o Campionato de España Masculino de Pitch & Putt de Golf. Neste senso, o rexedor monfortino resaltou  que “o impacto socioeconómico será moi significativo e ademais, serviranos para dar a coñecer a nosa cidade e a Ribeira Sacra a todas esas persoas que veñen non so a competir, senón tamén as persoas que os acompañan como familiares e amigos”.

ÚLTIMAS

Ferran Centelles: “Delicadeza é o que falta historicamente en España e a Ribeira Sacra ten o potencial de ofrecer eses viños”

Esta cata forma parte dos esforzos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra para destacar...

O IES A Pinguela, único instituto de Galicia con FP de calzado e complementos de moda

Do encontro participou o profesorado do IES A Pinguela con empresarios monfortinos do sector...

O 30 de xuño o colexio de Sober celebra o 50 aniversario cun xantar de confraternidade

Ao longo deste medio século de vida teñen pasado polo centro máis de 1.270...

Próximas xuntanzas das Comunidades de Aprendizaxe “Montes de Saberes”

Nestes encontros debaterase e realizarase unha folla de roteiro para que as Comunidades de...