HomeDeportesÉxito competitivo dos piragüistas do Quixós no Barco

Éxito competitivo dos piragüistas do Quixós no Barco

Acadaron unha medalla de oro por equipos no Campionato Galego en descenso de augas bravas, e outra de prata na Copa de España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Moi bos resultados para os deportistas do Club de Piragüismo Quixós no Barco de Valdeorras esta pasada fin de semana, 11 e 12 de maio.

En augas valdeorresas disputábanse a Copa de España Sprint e Clásica, competicións nas que os monfortinos acadaron un total de 16 medallas. Destacaron en categoría xuvenil Noa Díaz con 4 medallas (3 de ouro e unha de bronce) e Efrén con 3 (1 de ouro e 2 de prata), así como tamén a veterá Priscila, como revelación, con 2 medallas. O Quixós quedou segundo por equipos.

Santiago Díaz, director deportivo do Quixós, collendo o trofeo de campión. Foto: Quixós.

Tamén se disputou o Campionato Galego de Descenso de Augas Bravas, onde o Quixós quedou primeiro por equipos. O total de medallas da expedición monfortina foi de dez.

O detalle dos e das piragüistas condecorados con medallas pódese ver na páxina de Facebook do Club Quixós.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...