HomeDeportesGran momento para o Club de Piragüismo Quixós

Gran momento para o Club de Piragüismo Quixós

Recibiu 3 premios na 11ª Gala do Deporte de Monforte, contará cunha piragüista no Mundial de Cracovia representando á selección española, e vén de gañar dúas medallas na 2ª Copa de España de Jóvenes Promesas de Slalom celebrada esta fin de semana na localidade catalá de Sort.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Club de Piragüismo Quixós demostra día a día que a súa constancia colleita froitos deportivos e recoñecementos. E como uns levan aos outros, na Gala do Deporte de Monforte –celebrada este pasado venres 26 de xuño–, dous deportistas e o propio club recibiron 3 dos 4 premios aos que estaban nomeados. Concretamente, resultaron premiados Noa Díaz, como ‘mellor deportista feminina absoluta’; Xoel Fernández, como ‘mellor deportista masculino promesa’; e o Club Quixós como ‘mellor entidade deportiva na promoción do deporte’.

E como a actividade deportiva e competitiva non para, o club presume tamén estes días de contar coa piragüista Sara Inés Varela no Mundial de Cracovia (Polonia) que comeza o vindeiro 30 de xuño. Será para ela a súa primeira participación nun mundial e competirá na modalidade de K-1 coa selección española.

COPA DE ESPAÑA EN SORT

Esta fin de semana, o equipo monfortino participou na 2ª Copa de España de Jóvenes Promesas de Slalom 2026 celebrada na vila catalá de Sort, na provincia de Lleida. Chegaba a terras catalás con catro piragüistas: José Liñares (abridor), Lucas Pavón, Antón Liñares, e Xoel Fernández.

A familia deportiva que acudiu a Sort esta fin de semana. Foto: Club Quixós.

O río Noguera Pallaresa foi o escenario onde se disputou esta dura proba que contou con 28 clubs participantes de todo estado, e na que o Quixós competía con 3 rapaces de categoría infantil nas modalidades de K1 e C1.

Chegaron ás finais deste domingo cinco das seis embarcacións, mais só Xoel Fernández Méndez acadou subir ao podio levando un bronce en C-1 e unha prata en K-1. Por clubs, e tendo en conta que acudía cunha representación moi minguada, o Quixós quedou nun meritorio oitavo posto.

Xoel Fernández, medalla bronce en C1. Foto: XMF.

ÚLTIMAS

Salvemos o Malecón presenta centos de alegacións ao proxecto da ponte e prepara contencioso contra a resolución de Patrimonio

A pesar do escaso tempo, durante tres días os membros da plataforma organizaron a...

Seguen as protestas veciñais do 11 de cada mes reclamando médicos na Pobra do Brollón

Baixo o lema «A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!», os...

600.000€ da Vicepresidencia da Deputación en 554 axudas para asociacións culturais

A resolución concede 554 axudas, 318 para a organización de actividades de interese cultural...

Cortan un tramo da N-120 próximo ás vilas de Quiroga e San Clodio

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible comezou o pasado luns 5 de outubro...