HomeEconomía13.603.301 euros, os orzamentos de Monforte para o 2020

13.603.301 euros, os orzamentos de Monforte para o 2020

O alcalde de Monforte vén de presentar os orzamentos para o ano 2020, que ascenden a 13.603.301 €. Esta cifra supón un incremento de 670.250 € con respecto ó ano 2019, é dicir, un 5,18 % máis. O goberno municipal asegura que rematará o presente ano con débeda cero.

Publicado o

- Advertisement -

A previsión de ingresos do orzamento para o ano 2020 é de 13.603.301,64 €, o que supón un incremento sobre o presente ano de 670.250,54 €, o que representa un 5,18% de crecemento.

Os fondos deste incremento proceden da participación nos Tributos do Estado por importe aproximado os 300.000 € mentres que os Fondos de Cooperación cos Concellos da Xunta de Galicia aumentan soamente 1.798,50 €. O rexedor municipal destacou como dato relevante a débeda cero, que o Concello de Monforte non debe ningún euro aos bancos.

Polo que respecta ao gasto nas áreas de goberno, prodúcese un aumento do gasto social, pasando en axuda a domicilio de 1.171.342,52€ do presente ano a 1.286.255,68 €.

O gasto de persoal, aumenta nun 0,8% da masa salarial en relación con 2019, o que supón un aumento de 35.000 € en relación co ano anterior, sendo a cifra resultante de 4.502.743,96 €, o que supón o 33,10% do orzamento. A partida destinada ás Festas Patronais e verán cultural é de 300.000 €.

En deportes mantéñense as axudas, despois de que fosen duplicadas no pasado mandato. Na área de cultura tamén aumenta o orzamento en mais de 57.000 € que irán destinados ó incremento de actividades culturais e tamén a investimentos de adquisición de materiais para o conservatorio.

Polo que respecta a outras entidades mantéñense as axudas nominativas que se viñan concedendo:

  •      -Centro Comercial Urbano………10.000€
  •      -CLARISAS…………………………….3.000€
  •      -NAUFRAGOS DO PARADISO…… 4.000€
  •      -FANCINE DE LEMOS…………….. 3.500€
  •      -CINE CLUB A CALEXA………….. 1.500€
  •      -MUSEO DO FERROCARRIL……… 8.000€
  •      -CARITAS …………………………..5.000€
  •      -CRUZ VERMELLA…………………. 2.000€
  •      -ASC. PRACEIROS………………….. 2.000€
  •      -ASOC. HOSTELERIOS……………. 2.500€
  •      -MUSEO CASA DAS MUÑECAS… 2.000€
  •      -RALLY DAKAR…………………… 5.000€
  •      -CORAL DE RENFE………………  1.500€
  •      -CARUDE ROCK……………………4.000€

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...