HomeEconomíaConta atrás para a 38ª Feira do Viño de Chantada

Conta atrás para a 38ª Feira do Viño de Chantada

Este venres, 28 de febreiro, o alcalde de Chantada, Manuel L. Varela, o concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez e o representante de vinosacra.es, Bruno Lovelle, organizador da V Cata Popular e do I Túnel do Viño, presentaron a 38 Feira do Viño de Chantada na Casa da Cultura da vila.

Publicado o

- Advertisement -

Na Feira do Viño deste ano participarán 14 adegas e tras o éxito de pasadas edicións, a V Cata Popular seguirá sendo de balde e farase o sábado 7 de marzo entre as 17:00 e as 19:00 h. na carpa do recinto feiral. Como novidade para este ano, a organización presenta o 1º Túnel do Viño que estará localizado na entrada do Auditorio Municipal. Participar no mesmo custará 10 € e está dirixido a enólogos, técnicos vinícolas, restauradores e tamén a calquera persoa afeccionada á cultura do viño. Nel poderanse catar viños da subzona de Chantada presentes na Feira do Viño e celebrarase sábado 7 e domingo 8 de marzo dende as 11:30 ata as 14:00 h. e dende as 18:00 ata as 20:30 h.

O servizo da Cata Popular e do Túnel do Viño estará realizado polas rapazas e rapazas da Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias, única escola de hostalería da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

O pregoeiro desta 38 edición da ‘Feira do Viño de Chantada‘ será Ricardo González Fernández, empresario venezolano nos campos do entretemento e o deporte con raíces familiares na aldea chantadina da Lagariza (Santa María de Nogueira de Miño). A lectura do pregón realizarase trala actuación da formación tradicional local Searas.

Como en edicións anteriores, non faltará a música de rúa e as orquestras ao final de cada xornada de fin de semana. O recinto feiral abrirá xa as súas portas xa o venres 6 de 20:00 a 23:00 h. e durante a fin de semana os veciños, veciñas e visitantes poderán aproveitar a XII Feira de Oportunidades e a XI Mostra de produtos e artesanía. A carpa que acollerá estes dous eventos estará na Avenida de Monforte.

Mostra de produtos e artesanía / XdL

Os familiares que queiran deixar xogando ás/aos nenas e nenos -maiores de 3 anos- mentres dan unha volta pola Feira poden facelo na Casa da Música de Chantada. A empresa Velaísca farase cargo deles con actividades de entretemento sábado e domingo de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.

Coincidindo o domingo da ‘Feira do Viño’ co Día da Muller lerase un manifesto e posteriormente actuará o grupo local, de música tradicional, maioritariamente feminino: Searas. Será ás 12:45 h.

ÚLTIMAS

Xunta de seguridade da XLIII Feira do Viño de Chantada, “un dos grandes eventos vitivinícolas e motor económico da provincia”

A Feira do Viño de Chantada, que se celebra de maneira ininterrompida desde 1983,...

Ciclo Feminista 8M do BNG Lugo Sul

Na presentación pública participaron Candela López e Rosana Prieto, quen fixeron fincapé na necesidade...

Alumnado da ESO do IES Río Cabe clasifícase para a fase final do ‘torneo de debate do Parlamento Xove’

Un equipo da ESO do IES Río Cabe vén de conseguir o segundo posto...

Regina López, nova concelleira en Monforte de Muller, Igualdade e Consumo   

O nomeamento de Regina López prodúcese despois da renuncia á acta por motivos persoais...