HomeEconomíaPrograma de bonos desconto para incentivar o consumo no comercio

Programa de bonos desconto para incentivar o consumo no comercio

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visita varios establecementos comerciais de Monforte de Lemos para informar sobre a nova campaña Bonos Activa Comercio, posta en marcha pola Vicepresidencia económica para incentivar o consumo nos comercios de proximidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os comercios teñen de prazo para apuntarse ata o 15 de maio e poden facelo a través da plataforma bonosactivacomercio.gal, A partir do 3 de maio abrirá o prazo para que o soliciten os particulares interesados en obter estas rebaixas nas súas compras, que variarán segundo o gasto: por compras iguais ou superiores a 30 euros obterán un desconto de 5 euros; mentres que cun gasto de 50 euros ou máis descontaranse 10 euros. O sistema funcionará a través dunha aplicación para descargar no teléfono móbil.

O proceso é rápido e sinxelo e unha vez completado, os comercios recibirán un distintivo para que o coloquen nun lugar visible das súas tendas para que os consumidores identifiquen os establecementos nos que poden gastar os bonos con descontos de 30 euros que financiará a Xunta. O delegado tamén mantivo un encontro co xerente do CCU monfortino, Ángel Folgueira.

O obxectivo deste programa é incentivar o consumo nos pequenos comercios que desenvolvan a súa actividade en réxime de autónomos ou pemes.

“Trátase dunha das medidas da Xunta para estimular o consumo dotando aos clientes de maior capacidade de gasto”, asegura o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, “na mesma liña doutras iniciativas como a tarxeta turística, que bonifica as viaxes dentro da nosa Comunidade e que nesta segunda edición resultou un éxito rotundo entre a cidadanía, que esgotou todas as tarxetas dispoñibles en poucas horas tras abrir o prazo de presentación de solicitudes”.

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...