HomesociedadeNa vindeira semana Monforte pagará as axudas directas aos 100 hostaleiros que...

Na vindeira semana Monforte pagará as axudas directas aos 100 hostaleiros que as solicitaron

O rexedor monfortino anunciou que unha vez resoltas e concedidas todas as axudas de 2.000 euros, o pasado mércores día 19 de maio, "dende a próxima semana, procederemos xa ó pago das mesmas, para que as axudas cheguen canto antes a este sector hostaleiro tan necesitado”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O decreto asinado polo Alcalde monfortino resolve conceder axudas directas de 2.000 euros a cada unha das 100 solicitudes presentadas ata o venres 14 de maio. Neste senso, a resolución de subvencións concedidas, ven de ser publicada na páxina web do Concello.

O obxectivo destas axudas postas en marcha polo Equipo de Goberno monfortino foi contribuír a paliar os efectos da Covid e os peches decretados pola Xunta de Galicia neste sector, concedéndose unha contía fixa de 2.000 euros, ás pequenas empresas, isto é, autónomos e entidades mercantís, con ou sen personalidade xurídica propia, que foran titulares de establecementos de hostalería, é dicir bares, restaurantes, cafeterías, con domicilio fiscal en Monforte, que estiveran abertos ó público antes do día 1 de xaneiro de 2021.

O alcalde destaca que “este Plan supón un éxito rotundo de participación, xa que superamos todas as previsións que dende o Concello establecíamos, pois calculabamos en 98 as posibles entidades hostaleiras que podían solicitar estas axudas, e finalmente, rematado o prazo o pasado venres 14, foron 100 as entidades solicitantes, todas elas resoltas favorablemente concedéndoselle a cada una delas 2.000 euros, para contribuír a paliar os prexuízos causados pola Covid”.

José Tomé concluíu recordando que “este Equipo de Goberno segue demostrando o seu compromiso decidido cos nosos veciños e coas empresas de Monforte, neste caso de hostalería, a través de axudas áxiles, directas e efectivas que teñen por obxectivo paliar as dificultades económicas derivadas da crise sanitaria da Covid-19. E mentres sexa necesario, este Concello seguirá destinando todas aquelas partidas económicos e servizos que sexan necesarios para axudar ó tecido social e empresarial de Monforte”.

ÚLTIMAS

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...