InicioEconomíaTomé visita as obras do Viveiro de Empresas do Polígono do Reboredo

Tomé visita as obras do Viveiro de Empresas do Polígono do Reboredo

Para o desenvolvemento destas obras, o investimento destinado dende o Concello monfortino supera os 239.000 euros, dun orzamento total de máis de 427.000 euros, no que tamén participa a Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras de mellora e reforma, que deron comezo nestes días, foron adxudicadas á empresa Construcciones y Obras Taboada y Ramos S.L.U., que ten un prazo para executalas de 53 días. A nave da que dispón o concello, situada na parcela 19 (A), Calle 1, está funcionando como zona de almacenaxe para distintos materiais municipais. O equipo de goberno destina unha parte desta nave, de máis de 700 m2, á creación dun Viveiro Industrial de Empresas.

A nave dispón no seu interior dunha zona 216 m2, repartidos en dúas plantas, destinada a oficinas e servizos. Os accesos á nave obxecto das obras poden facerse de xeito directo de forma rodada dende a rúa de servizo do polígono ou de xeito peonil a través dunha zona axardinada existente diante da fachada principal. O acceso rodado faise a través de dous portalóns existente na fachada lateral dereita da nave, por aquí acédese a zona diáfana destinada a almacenaxe. Pola fachada principal accédese á zona de oficinas e servizos de xeito peonil.

A obra que está a acometer o Concello nesta nave ten por obxectivo axeitala para que poida ser utilizada como espazo físico para que empresas de nova creación dispoñan dun lugar onde empezar e consolidar a súa actividade. Para elo, acondicionarase a zona 216 m2, repartidos en dúas plantas, destinada a oficinas e servizos.

Nesta zona realizaranse obras de redistribución de espazos para adecualos á utilización dos mesmos por varias empresas, creando zonas de uso compartido (aseos, sala de xuntas, sala de espera, e outros servizos) e zonas de uso privado para o desenvolvemento das actividades privadas de cada unha das empresas.

Contémplase tamén a adecuación dos distintos locais á normativa vixente en materia de accesibilidade, illamento térmico, illamento acústico e protección fronte ó lume.

“O Polígono do Reboredo está de moda, porque as últimas ventas de parcelas, unha das cales adquirimos recentemente dende o Concello, deixan en 4 o número de terreos dispoñibles e xeran a necesidade de ter que ampliar este polígono, algo que xa solicitamos hai unhas semanas a Suelo Empresarial del Atlántico (SEA)”, salientou Tomé Roca.

ÚLTIMAS

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...