HomeEconomíaPrevisións de ocupación turística da APEHL para este verán

Previsións de ocupación turística da APEHL para este verán

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), tras contactar con distintos establecementos de aloxamento da provincia de Lugo, adianta as previsións de ocupación para o verán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As expectativas son moi optimistas e ilusionantes pois aseguran que despois dos bos resultados alcanzados durante a fin de semana de San Xoán, cunha media dun 80 % de ocupación na provincia de Lugo, “a campaña de verán preséntase prometedora, en particular para a segunda quincena de xullo e primeira de agosto”.

Segundo traslada a APEHL, na Ribeira Sacra a previsión media de ocupación hostaleira é do 75 %, chegando algúns establecementos a poder cubrir o 90 %.

No particular caso de Sarria, vila por onde pasa o Camiño de Santiago, a previsión de ocupación nalgúns hoteis estará entre o 90 e o 95 %.

Estas boas previsións daranse sobre todo desde a segunda quincena de xullo e ata a ponte do 15 de agosto.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...