HomeEconomíaAberto o prazo para propostas de aproveitamento na aldea modelo de Bustelo...

Aberto o prazo para propostas de aproveitamento na aldea modelo de Bustelo de Fisteus

As interesadas e os interesados en poñer a producir estas terras terán un prazo de 15 días naturais a contar dende o 20 de agosto para facer chegar as súas solicitudes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de propostas de cara ao aproveitamento de parcelas incorporadas á aldea modelo de Bustelo de Fisteus, na localidade de Quiroga. Así, os interesados e as interesadas en poñer a producir estas terras terán un prazo de 15 días naturais para facer chegar as súas solicitudes, contados a partir do 20 de agosto.

A aldea modelo de Bustelo de Fisteus abrangue 12,68 hectáreas, 269 eidos e 38 propietarios. Os usos cualificados como idóneos son o aproveitamento gandeiro en extensivo –con prioridade para aquelas explotacións que inclúan unha produción integrada e/ou en ecolóxico–, cultivos de horta, árbores froiteiras e castiñeiros. 

POTENCIAIS INTERESADOS/AS

Poderán presentar propostas de aproveitamento as persoas físicas, as Administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas traballadoras autónomas. Para o exercicio da súa actividade, as persoas solicitantes deberán dispor das autorizacións, permisos e/ou licenzas administrativas preceptivas, estar inscritas nos rexistros públicos que sexan pertinentes e cumprir con calquera outro requisito esixido polas disposicións aplicables.

Respecto das propostas, estas deben axustarse á normativa sectorial que resulte de aplicación en cada caso e ás guías de ordenación produtiva aprobadas para cada aldea modelo. O prazo para que a Xunta dite resolución expresa e a notifique será de cinco meses, a contar desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes.  

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...