InicioEconomíaO Polígono do Reboredo superará os 800.000 m2 coa incorporación de 28,7...

O Polígono do Reboredo superará os 800.000 m2 coa incorporación de 28,7 hectáreas

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e a Xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, presentaron este mércores un paso máis na folla de ruta de melloras do Polígono Industrial do Reboredo. Trátase dunha nova ampliación, que correrá a cargo do SEA, e que dá resposta á solicitude de ampliación que o Concello fixo a SEA, o 10 de maio de 2021.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ampliación anunciada este mércores suporá incrementar o Polígono do Reboredo en 28,7 hectáreas máis (287.400 m2), que é un 77,54% da superficie actual (370.600 m2). José Tomé recordou que recetemente informouse doutra ampliación, grazas á cesión gratuíta que a Deputación de Lugo levou a cabo de parcelas adquiridas para a implantación de Pacadar”. Neste caso actuarase na parte noroeste, ampliando o Polígono en 16,5 hectáreas máis, un 44,50% da superficie actual sinalada.

As dúas ampliacións suman 452.246 m2, esta é unha superficie que superá á actual do polígono en 81.646 m2. Así o Polígono do Reboredo pasará a ter unha superficie duns 823.000 m2, cunha proxección de futuro moi importante”, subliñou o Alcalde.

José Tomé destacou que “para min como Alcalde, con estas actuacións, imos facer aínda máis atractivo o noso Polígono, con máis solo industrial, máis oportunidades para as empresas, mellor comunicado e con mellores servizos para a implantación de empresas, para xerar riqueza e xerar postos de traballo”.

Pola súa banda, o Delegado do Goberno, Pedro Blanco, agradeceu o esforzo e as políticas do Concello que, “pese ao difícil contexto económico derivado da pandemia e a guerra de Ucraína, permitiron xerar un impacto moi positivo no modelo produtivo da provincia.” Monforte, subliñou, ten “a man tendida do Goberno para seguir crecendo, cun proxecto que o continuará potenciando a nivel industrial e asentando a Comarca como un dos principais núcleos de dinamismo empresarial e económico de Galicia.”

Polígono do Reboredo visita Delegado do Goberno / Concello de Monforte

Blanco agradeceu tamén o traballo de SEA e da súa xerente Beatriz Sestayo, “para culminar a esperada ampliación do parque empresarial de Reboredo”. As xestións realizadas tanto desde SEA como desde o Concello permitiron triplicar a ocupación do polígono, que pasou do 20 ao 100% de chan adxudicado en só tres anos, nun “antes e un despois”, segundo a xerente de SEA, froito da nova etapa “proactiva” e de implicación directa iniciada no últimos catro anos. “A acción pública só ten sentido se redunda na creación de emprego, no desenvolvemento económico e no asentamento de poboación”, subliñou Beatriz Sestayo, que sinalou que “A previsión inicial establece que se poidan licitar as obras nun prazo aproximado dun ano”.

Polígono do Reboredo

O actual parque empresarial, no que se asentan empresas como Oviganic, especializada en produtos lácteos ou a farmacéutica Indukern, acolle máis de 30 compañías que xeran preto de 300 empregos directos, segundo as cifras achegadas polo sector empresarial.

Recentemente mellorouse o firme da estrada provincial que vai dende Monforte ó polígono, a LU P-3205, para o que se destinou un orzamento de 315.000€. E nos últimos anos, o concello fixo a nova vía de medio quilómetro construída na zona oeste, cun inventimento de 235.627,16€ e púxose en marcha o Viveiro de Empresas industrial que ten o Concello de Monforte, e no que investiron 235.913,45€.

No período 2016-2022 o concello investiu no Polígono máis de 1,1M€ e recentemente anunciouse unha nova depuradora para o Polígono cun investimento de preto de 5.000.000 €.

Polígono do Reboredo / SEA

ÚLTIMAS

29.469€ para a rehabilitación do lavadoiro de Hospital no Incio

Esta actuación busca a integración dos elementos que conforman o patrimonio etnográfico, neste caso...

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...