HomeEconomíaAta o 15 de outubro poden solicitarse as axudas que o Concello...

Ata o 15 de outubro poden solicitarse as axudas que o Concello de Sober ofrece a escolares e universitarios

O Goberno local destina a estas axudas 12.500 euros. Poderá incrementarse esta contía prevista en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober vén de publicar as bases concesión de axudas a familias para a adquisición de libros de texto e material escolar e, no seu caso, gastos de matrícula no centro universitario, de alumnas/os matriculadas/os de Educación Infantil e Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme do Concello de Sober e para alumnos de educación secundaria, ciclos de FP, Alumnos BAC e Universitarios en réxime de concorrencia non competitiva.

As axudas serán como máximo de 100 euros por cada fillo que estea cursando estudios de educación infantil (2º ciclo) de 3 a 5 anos ou primaria no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme , no curso 2024/2025.

As axudas serán como máximo de 125 euros por alumno que estea cursando estudios de secundaria, ciclos de FP ou BAC no curso académico 2024/2025.

As axudas serán como máximo de 250 euros por alumno que estea cursando estudios universitarios no curso académico 2024/2025.

As solicitudes deberán presentarse ata o 15 de outubro no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Sober en horario de 9:00 a 14:00 de luns a venres ou a través da sede electrónica do Concello de Sober (concellodesober.sedelectronica.gal).

ÚLTIMAS

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...

As emerxencias sanitarias protagonizan o Faladoiro deste mércores en Quiroga

Xosé Ferrín, orixinario de Carballo de Hospital, leva traballando nas emerxencias sanitarias dende o...

7.600 persoas dependentes benefícianse na provincia de Lugo do Bono Coidado

O PPdeG destacou a boa acollida que o Bono Coidado no Fogar está a...

Transportes pon en circulación os trens na prolongación da variante de A Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en servizo...