No Polígono Industrial de Chantada vendéronse as parcelas número 25 por un importe de 46.464€ á empresa de agricultura Billó SC; a número 30 e 31, ambas por un prezo total de 116.740,8€ a Jesús Fernández Orín que destinará a creación dun proxecto vinculado á madeira; e finalmente, as parcelas número 48,49 e 50, as tres por unha cantidade total de 177.023€, foron adquiridas a Calvo Chantada S.L que se dedica a ofrecer servizos funerarios. Desta xeito, a día de hoxe, no polígono de Chantada só quedaría dispoñible 1 das 49 parcelas.
O mandatario provincial tamén asinou a venda de dúas parcelas do polígono industrial de Castroverde. Con estas firmas, a institución provincial “marca un paso importante na xestión destes parques”, destacou José Tomé Roca. O Presidente subliñou “a importancia destas operacións para o desenvolvemento económico da provincia, xa que permiten facilitar o asentamento de empresas que xeren riqueza e emprego no rural”.
No resto dos parques industriais que xestiona a Deputación de Lugo a dispoñibilidade é de 12 parcelas no polígono de Baleira, das 27 existentes; as 24 de Cospeito; 28 en Friol, das 55 coas que contaba este parque; 2 en Ourol das 3 coas que conta; 17 das 19 que había inicialmente no de Paradela; e 3 das 12 iniciais do complexo de Begonte.
Sinatura Polígono Chantada / Deputación Provincial de Lugo