HomesociedadeO CCU Monforte traslada as queixas do comercio local polas obras na...

O CCU Monforte traslada as queixas do comercio local polas obras na Rúa Cardenal

A través dun comunicado o Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte traslada a preocupación de varios dos asociados polas obras que se desenvolven na Rúa Cardenal desde o pasado mes de febreiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras que se desenvolven na rúa Cardenal corresponden a unha intervención de carácter particular destinada a mellorar a potencia da subministración eléctrica nunha vivenda recentemente restaurada. “Entendemos que o desenvolvemento urbano require en ocasións a realización de obras, pero é fundamental que as empresas responsables e os organismos implicados adopten as medidas necesarias para minimizar o seu impacto no comercio local, especialmente nunha das principais arterias comerciais de Monforte de Lemos, onde a densidade de establecementos é elevada”, sinalan desde o CCU.

Aseguran que as obras execútanse nun período clave para a actividade comercial, coincidindo coa campaña de rebaixas e datas sinaladas como o Día de San Valentín, o que xerou un prexuízo considerable para os comerciantes da zona.

“Máis aló da intervención en si, a principal queixa dos afectados radica na aparente lentitude na súa execución. Trasladáronnos que hai días nos que non se observa actividade na obra, que os medios despregados parecen insuficientes e que, en consecuencia, o proceso está a alongarse máis do previsto”, apuntan desde o CCU.

Con todo, o CCU insta aos responsables da obra e á empresa encargada da súa execución para actuar coa máxima celeridade posible e manter unha comunicación fluída cos comerciantes afectados, para reducir na medida do posible os inconvenientes que estas actuacións están a xerar na actividade económica da zona. “Agradecemos a comprensión de todas as partes implicadas e confiamos en que se tomen medidas para evitar que situacións como esta sigan prexudicando ao comercio local, motor económico e social da nosa cidade”, conclúen.

ÚLTIMAS

Ribas de Sil celebra a terceira edición do Festival Rock&Viño

Este venres, 14 de agosto, celebrouse a terceira edición do festival Rock & Viño...

A casa da cultura de Chantada acolle en setembro un curso de introdución á lingua e cultura galegas para maiores de 16 anos

O curso de introdución á lingua e á cultura galegas desenvolverase na casa da...

Entrega de diplomas da 3ª quincena que pecha os Campamentos Deportivos de Verán de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Opinión: O Fancine de Lemos e a cultura na Ribeira Sacra

A edición número XII do Festival de Cine Fantástico e de Terror de Monforte,...