HomeEconomíaFormalízase a venda de 4 parcelas no Polígono de Paradela

Formalízase a venda de 4 parcelas no Polígono de Paradela

Este martes formalizouse na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos e ante notario, a venda de catro novas parcelas localizadas no polígono industrial de Paradela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante o acto, o presidente da Deputación destacou que estas operacións son fundamentais para impulsar o desenvolvemento económico da provincia, ao facilitar o asentamento de empresas que contribúen á creación de emprego e á xeración de riqueza no ámbito rural.

No polígono industrial de Paradela, situado no lugar do Gandarón, parroquia de Santa María de Vilaragunte, formalizáronse as vendas das parcelas números 15, 16, 17 e 18, cunha superficie total de 4.569 metros cadrados e un importe de 150.374,93 euros. O comprador é a empresa METAL POWER S.L, especializada en carpintería metálica. Actualmente, neste polígono quedan 13 parcelas libres, cunha superficie media de 1.000 metros cadrados, das 19 parcelas que conforman o parque, cunha superficie total de 32.280 metros cadrados.

Por outra banda, este martes tamén se formalizou a sinatura da compraventa dun lote de terreos que eran propiedade da Deputación de Lugo no lugar de Adega, na parroquia de San Facundo de Ribas do Miño, en Paradela. Un espazo que sobrou logo da construción dunha ponte construída pola institución provincial e que quedaron adxudicados ao Lar das Viñas López Otero, SL por un importe de case 30.000€.

ÚLTIMAS

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...

Francisco Narla presenta este 9 de outubro na librería Agrasar de Monforte a última entrega da saga “Compostela”

O escritor e comandante de liña aérea, Francisco Narla presenta en Monforte, Santiago, a...