HomeEconomíaXa se coñecen as entidades culturais beneficiadas con subvencións de Vicepresidencia da...

Xa se coñecen as entidades culturais beneficiadas con subvencións de Vicepresidencia da Deputación de Lugo

A resolución da convocatoria dirixida a asociacións culturais contempla 554 axudas concedidas, 318 para a organización de actividades cultural e 236 para melloras nas instalacións e no equipamento de locais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 11 de xullo publicouse no BOP 157 a resolución provisional de subvencións para a realización de actividades de interese cultural e tamén as destinadas para investimentos e equipamentos culturais.

O incremento da dotación da convocatoria, á que este ano se destinaron 600.000 euros, 100.000 máis que o ano pasado segundo fontes da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, traduciuse nun incremento das entidades beneficiarias. En concreto, concédense medio cento de axudas máis que en 2025.

Ademais, incrementouse a contía mínima das axudas, que se sitúan entre os 800 e os 2.500 euros, de acordo cos criterios establecidos nas bases.

A deputada de Cultura Iria Castro destacou “o traballo realizado polo servizo de Cultura para adiantar a resolución desta convocatoria, que tivo como todos os anos unha ampla demanda e que mostra o dinamismo do tecido cultural en todo a provincia”.

ÚLTIMAS

Sober fórmase na elaboración artesanal de vermús, licores, augardentes e bebidas espirituosas

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL),...

Veciñanza Fronte o Odio promove un encontro este xoves, 15 de outubro, no centro cívico de Monforte

O colectivo Veciñanza Fronte o Odio organiza este xoves, 15 de outubro, unha palestra...

Do 14 ao 30 de outubro está aberta a convocatoria de axudas para o transporte do alumnado de Monforte que estuda fóra

Poderá optar a estas axudas: Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación...

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...