HomeEn profundidadeA vida nunha residencia de maiores, a experiencia de Herminia e Celia

A vida nunha residencia de maiores, a experiencia de Herminia e Celia

En pleno corazón da vila de Castroverde, en Lugo, atópase a residencia de maiores de O Castro. Forma parte da rede de centros de atención a persoas maiores da Deputación de Lugo e abriunos as súas portas para coñecer como é a vida neste lugar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Recíbenos Paz Fernández, psicóloga e responsable do centro, para ensinarnos un pouco das instalacións e presentarnos a Herminia e Celia, as protagonistas desta reportaxe. “O 90% dos residentes son desta vila e hai un contacto constante e estreito coa xente, de maneira que seguen vinculados á vida da veciñanza”, afirma Paz. Nada máis entrar atopámonos cunha ampla estancia de planta baixa na que se atopa a recepción, o despacho da directora con cristaleira, unha primeira habitación á dereita para ver a televisión ou recibir aos familiares. “Temos liberdade total no que respecta ás visitas, poden vir en calquera horario, salvo que coincida coa limpeza ou algo moi puntual. De feito, os residentes contan cun mes de vacacións que non se lles cobra e hai moitos que marchan ese mes ou quince días para estar coas súas familias. Algo que tamén poden facer no día a día simplemente con avisar”, expón a responsable. 

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Concurso de decoración de Nadal dirixido á veciñanza de Quiroga

A Concellería de Turismo de Quiroga impulsa un proxecto no que por primeira vez...

Cousas Xacobeas: O Camiño Francés de Lugo a Monforte de Lemos (I)

A apertura da estrada (camiño de segunda orde) entre Nadela e Monforte, pasando pola vila...

O Concello de Monforte confirma varias subvencións a entidades locais tras a correcta xustificación das mesmas

O Concello de Monforte vén de informar da validación da xustificación de axudas concedidas...

O 4 de decembro ás 18:30 Monforte acende o alumeado de Nadal con 1,2 millóns de luces led

O acendido oficial será na antesala da ponte festiva da Constitución, o venres 4...