InicioMedio ambiente e PatrimonioO Xeoparque Courel recibe o premio Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural

O Xeoparque Courel recibe o premio Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural

Estes galardóns recoñecen as oito mellores iniciativas galegas de dinamización do rural.

Publicado o

- Advertisement -

Este xoves día 6 a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), deu a coñecer os gañadores dos seus Premios ás Iniciativas de Desenvolvemento Rural 2019. Na categoría de turismo o galardoado foi o GDR Ribeira Sacra Courel nos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil polo seu proxecto “Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel”.

En total, son oito os proxectos seleccionados nuns premios cuxo obxectivo é o de recoñecer propostas innovadoras que creen emprego e supoñan unha fonte de riqueza para o seu entorno. Cada un recibirá 10.000 euros que deberá reinvestir na iniciativa gañadora para realizar melloras ou executar accións complementarias.

Martín Alemparte, xerente do GDR Ribeira Saccra Courel, quixo compartir a súa satisfacción ante a noticia. “Queremos compartir o premio con todos os que creron no proxecto e traballaron conxuntamente para acadar o recoñecemento da UNESCO, o que converteu a iniciativa no primeiro Xeoparque Mundial da UNESCO do noroeste de España e o primeiro galego”, declarou Alemparte.

Os galardóns entregaranse o vindeiro 21 de xuño no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, en Boqueixón.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...