InicioMedio ambiente e PatrimonioOs gardiáns do bosque

Os gardiáns do bosque

"Fanse chamar os gardiáns do bosque, a premisa é sempre deixar o monte máis limpo do que o atopamos e o mesmo coas praias, esa conciencia que logo os nenos transmiten aos seus pais. Iso téñeno de convivir coa natureza. Se formas parte dela, a natureza non é unha cousa allea a ti”, Espazo Foresta.

Publicado o

- Advertisement -

A crise sanitaria da Covid19 plantexa novos retos para a nosa sociedade e a forma de relacionarnos. Nesta situación os cativos son unha peza fundamental e a forma en que as educamos ou as comezamos a introducir na vida require atención porque son os cidadáns do futuro. Ademais das canles oficiais para dar atención aos menores de 6 anos, cada vez é máis habitual ver outras alternativas para a súa educación, alternativas sempre vinculadas á natureza e á liberdade.

Galicia conta con 3 espazos de aprendizaxe na natureza, Nenea en Lugo, Amadahi na Coruña e Espazo Foresta en Gondomar. Foresta é un espazo de aprendizaxe activa na natureza, “aprendendo a través da convivencia. É un lugar de convivencia nun ambiente de natureza, de respecto e de amor incondicional”, sinala Noa Fernández.

Foresta / Noa Fernández e José Collazo

Este espazo para nenxs de 3 a 6 anos comezou a funcionar no 2017 con 11 alumnos. Este centro non ten unha estrutura de xornada de traballo pechada, o que vai acontecendo márcano “xs peques”, que comezan a chegar entre as 9.00 e as 10.00 da mañá. “Á primeira hora chegan máis acougados, con máis concentración, aí estamos dentro facendo cousas, a peque chega e decide onde lle apetece estar. Cando están todos fan unha asemblea, que adoitan celebrar xa no exterior, cantando unha canción ao rededor dunha fogueira, compártese o que fixeron e din o que queren facer,” explica Noa Fernández.

Do xogo libre na natureza sae moitísima aprendizaxe sen que teñas que poñer nada

A partir de aí, a maior parte da súa actividade xa se desenvolve no exterior onde dúas acompañantes atenden ós nenos, “Flúen polo espazo e as acompañantes axudan se os necesitan; facemos roteiros polo monte e actividades na leira, xogan no barro, ou organizan calquera xogo. Do xogo libre na natureza sae moitísima aprendizaxe sen que teñas que poñer nada. Da convivencia xorde a negociación, o conflito, a resolución do conflito, a empatía, o compartir, o coñecemento do propio corpo.”

Foresta / Noa Fernández e José Collazo

Ás 14.00 é a hora de xantar, as nenas que quedan a comer levan a súa comida que lle preparan alí para ás 15.30 abandonar o centro; “Non queremos dar un servizo co que non estamos de acordo, que un nenx de 4 anos estea aquí todo o día non é o que o nenx necesita.”

Nestes espazos de natureza os nenos de entre 3 e 6 anos están mesturados, mestura de idades que os enriquece, “Cada un ten ou seu rol, cada un desde as súas capacidades achega. Non hai iso do poder do maior e a debilidade do pequeno. Falamos de respecto na convivencia, os maiores coidan moito aos máis pequenos; protéxenos.”

os gardiáns do bosque

Co estado de alarma, estes centros non poden replicar online o traballo que desenvolven porque é un traballo co espazo exterior que non temos, pero si se mantivo o contacto enviando aos rapaces os achados que se ían dando na leira na que adoitan traballar, vídeos contando contos e outras alternativas de lecer, co obxectivo de transmitir ós nenos, “esa tribu que somos.”

“Neste tempo de confinamento tentamos achegarlles a natureza que temos aquí para seguir alimentando esa capacidade de asombro que lles dá o amor á natureza. Fanse chamar os gardiáns do bosque; a premisa é sempre deixar o monte máis limpo do que o atopamos e o mesmo coas praias, esa conciencia que logo os nenos transmiten aos seus pais. Iso téñeno de convivir coa natureza. Se formas parte dela, a natureza non é unha cousa allea a ti.”

Foresta / Noa Fernández e José Collazo

ÚLTIMAS

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...